Aurícula dereita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
O '''atrio dereito''', mellor coñecido como '''aurícula dereita''', é unha das catro cavidades do [[corazón]], situada na parte superior dereita deste. Para o seu estudo, é dividida en dúas partes, a orella cardíaca e o aurícula propiamente dita. Esta clasificación é de orixe [[Embrioloxía|embriolóxica]], é dicir, provén do momento da súa organización no crecemento do embrión no embarazo. Na aurícula dereita desembocan a [[vea cava superior]], a vea [[cava inferior]] e o [[seo coronario]]. Ademais tamén se atopa perforada polos vasos de Tebesio.
 
A aurícula dereita está comunicada co [[ventrículo dereito]] a través da [[válvula tricúspide]]. Recibe [[sangue]] venoso pobre en [[osíxeno]] procedente de todo o organismo a través de dúas grandes veas, a cava superior e a cava inferior. A superior leva sangue venoso do [[pescozo]], [[cabeza]] e membros superiores. A cava inferior trae sangue do tronco, [[abdome]] e membros inferiores. O sangue venoso cheaenche a aurícula e esta impúlsao cara ao [[ventrículo dereito]]. A aurícula dereita está comunicada coa esquerda a través do [[foramen oval]]. Durante a vida intrauterina, o burato permite o paso de sangue venoso da dereita á esquerda. É imprescindíbel, xa que o feto non respira e o sangue que iría aos [[pulmón]]s é desviado cara a circulación sistémica. Após do nacemento, a presión exercida polo sangue na [[aurícula esquerda]], provoca o peche do foramen. A persistencia do foramen é unha severa patoloxía que hoxe en día é atendida polos servizos de cirurxía cardíaca ou [[cardioloxía]] intervencionista.
 
Ademais na aurícula dereita atópanse o [[nó sinusal]] e o [[nó aurículo-ventricular]], vitais no sistema de condución do impulso cardíaco.