Diferenzas entre revisións de «George Harrison»

m
→‎1970-1980: arranxiño
m (→‎1970-1980: arranxiño)
''All Things Must Pass'' supuxo unha entrada triunfal para a carreira musical en solitario de Harrison, acalando así as voces discrepantes que auguraban unha mala carreira para el. Xunto ao álbum ''[[John Lennon/Plastic Ono Band]]'' de [[John Lennon]], ''[[Ram (álbum)|Ram]]'' de [[Paul McCartney]] e ''[[Ringo (álbum)|Ringo]] '' de [[Ringo Starr]], ''All Things Must Pass'' é considerado un dos álbums máis traballados por un Beatle na súa carreira en solitario.
 
O álbum, que alcanzou o posto #1 nas listas de éxitos británicas e estadounidenses, incluía os singles de éxito "[[My Sweet Lord]]" e "[[Isn't It A Pity]]", así como "[[What Is Life]]", que entrou entre os dez primeiros postos. Anos despois, Harrison sería demandado debido a unha violación de dereitos de autor en "My Sweet Lord", onde supostamente imita o single de [[The Chiffons]] "He's So Fine". Aínda que Harrison negou a acusación, acabou perdendo o xuízo en 1976. Durante o mesmo, a corte aceptara a posibilidade de que Harrison copiase subconscientemente" o éxito de The Chiffons como base á súa propia canción, o que utilizou para mofarse do tribunal no seu tema "[[This Song]]", publicada no álbum ''[[Thirty Three & 1/3]]''. As disputas polos dereitos de autor continuaron na década dos 90, co antigo mánagerrepresentante de [[The Beatles]] [[Allen Klein]] denunciando a Harrison tras comprar Bright Tunes, a compañía que posuía os dereitos de autor de "He's So Fine". Finalmente, Harrison acabaría posuíndo os dereitos de ambos temas.<ref name="huntley">{{cita libro|apelidos=Huntley|nome=Elliot J|ano=2004|título=Mystical One: George Harrison: After the Breakup of the Beatles|editorial=Guernica Editions Inc.|isbn=1-55071-197-0}}</ref>
 
== Notas ==
102.403

edicións