Determinación do sexo ZW: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: | coauthors= → |autor2= using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os cromosomas Z e W das aves non comparten xenes cos cromosomas X e Y da gran maioría dos mamíferos,<ref>{{Cita publicación periódica |author=Stiglec R, Ezaz T, Graves JA |title=A new look at the evolution of avian sex chromosomes |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=103–9 |year=2007 |pmid=17675850 |doi=10.1159/000103170}}</ref> e, comparando os cromosomas das galiñas cos humanos, o cromosoma Z parece ser similar ao [[cromosoma 9]] [[cromosoma autosómico|autosómico]] humano, pero non ao X ou ao Y, o que fixo pensar aos investigadores que os sistemas de determinación de sexos ZW e XY non comparten unha mesma orixe, pero que os [[cromosoma sexual|cromosomas sexuais]] derivan de [[cromosoma autosómico|cromosomas autosómicos]] dun antepasado común. Unha publicación de 2004 comparou o cromosoma Z de [[galiña]] cos X de [[ornitorrinco]] e suxeriu que os dous sistemas están relacionados.<ref>{{Cita publicación periódica | last=Grützner | first=F. |autor2=Rens, W., Tsend-Ayush, E., El-Mogharbel, N., O'Brien, P.C.M., Jones, R.C., Ferguson-Smith, M.A. and Marshall, J.A. | year=2004 | title=In the platypus a meiotic chain of ten sex chromosomes shares genes with the bird Z and mammal X chromosomes | journal=[[Nature]] | volume=432 | pages=913–917 | doi=10.1038/nature03021 | pmid=15502814 | issue=7019}}</ref> Segundo esta publicación, o ornitorrinco ten un sistema baseado en dez [[cromosoma]]s, no que os cromosomas forman unha cadea multivalente durante a [[meiose]] dos machos, que segregan formando esperma XXXXX e esperma YYYYY, con cromosomas equivalentes aos XY nun extremo desta cadea e cromosomas equivalentes aos ZW no outro extremo.
 
Non se sabe se a presenza do cromosoma W induce características de femia ou se é a duplicación do cromosoma Z a que induce características de macho. A diferenza do que ocorre nos mamíferos, non se descubriu ningunha ave con dous cromosomas W (ZWW) ou un só cromosoma Z (Z0). É posible que estas dúas condicións causen a morte do [[embrión]], ou que ambos os cromosomas interveñan na [[selección sexual]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=Smith CA, Roeszler KN, Hudson QJ, Sinclair AH |title=Avian sex determination: what, when and where? |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=165–73 |year=2007 |pmid=17675857 |doi=10.1159/000103177}}</ref>
 
O [[dragón de Komodo]] pode reproducirse ás veces por [[partenoxénese]] e nese caso xeralmente só nacen crías macho. Os ovos haploides duplican os seus cromosomas orixinando embrións ZZ, que serán machos, e embrións WW, que son inviables e morren antes de naceren.<ref name="BBC">{{Cita novas |publisher=BBC News |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6196225.stm |title=Virgin births for giant lizards |accessdate=2008-03-13 |work= | date=2006-12-20}}</ref>