James Dewar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
m arranxiños
Liña 23:
|notas =
|sinatura =}}
'''James Dewar''' nado o [[20 de setembro]] de [[1842]] en [[Kincardine-on-Forth]] (Escocia) e finado o [[27 de marzo]] de [[1923]]) en Londes[[Londres]], foi un [[físico]] e [[químico]] [[Escocia|escocés]].
==Traxectoria==
Foi o máis novo de seis irmáns e quedou orfo de pai e nai aos 15 anos. Naceu en [[Kincardine-on-Forth]] e foi educado en [[Dollar Academy]] e na [[Universidade de Edimburgo]], onde se graduó. Posteriormente converteríase en profesor na [[Universidade de Cambridge]] en [[1875]], facéndose membro da [[Royal Institution]] en [[1877]]. Desenvolveu a fórmula química do [[benceno]] e realizou un extenso traballo no campo da [[espectroscopia]] durante máis de 25 anos. En [[1891]] descubriu o proceso para producir [[osíxeno líquido]] en cantidades industriais. Inventou un depósito illante, o [[vaso Dewar]], para estudar os [[gas]]es a baixas temperaturas. Usou este invento para transportar gases líquidos, como [[hidróxeno]], en [[1898]]. Tamén foi o primeiro en obter [[hidróxeno sólido]] En [[1905]] observou que o [[carbón]] frío podía producir baleiro. Esta técnica foi moi útil para a experimentación na [[física atómica]].