Fenómeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m fisco > físico
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 7:
== Fenómeno en filosofía ==
 
Durante moito tempo valárabasevalorábase como verdadeiro o que "estaba oculto" máis alá da aparencia, do ''fenómeno'', e o intento do [[coñecemento]] era "desvelar" iso oculto como [[esencia]], así como diversas clases de [[verdade]].
 
O termo '''fenómeno''' ten un sentido especial na [[filosofía]] de [[Immanuel Kant|Kant]], ao poñer en contraposición o concepto de fenómeno co de [[nóumeno]]. Os fenómenos constitúen o mundo tal como o percibimos, en oposición ao mundo tal como existe independentemente da nosa experiencia, ao que Kant chama "a cousa en si mesma" (''Das Ding an sich''). Segundo Kant, o ser humano non pode coñecer as cousas-en-si-mesmas, senón só as cousas tal como as percibe ou experimenta.<ref>O termo "filosofía" na época de Kant sería hoxe o equivalente aproximado do que chamamos "ciencia".</ref> Polo tanto, a tarefa da filosofía consiste en tratar de comprender o propio proceso da experiencia.