Arpa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref DRAG
Liña 1:
[[Ficheiro:Harpist playing.jpg|dereita|miniatura|250px|Unha arpista tocando a arpa]]
A '''arpa'''<ref>{{DRAG|arpa}}</ref> é un instrumento case universal empregado por moitos pobos dende Asia até África, as máis primitivas consistían e consisten dun arco e unha caixa de resonancia xunto cunhas cordas de fibra ou cabelos tensados.
 
Hoxe en día cando se emprega este instrumento nos grupos de folk case sempre é a irlandesa (gaélica/bárdica), mesmo na Bretaña recuperaron a súa arpa medieval, aínda que lle chaman '''arpa celta bretoa''' e non está moi claro a súa orixe céltica.
Liña 18:
 
Moitos britóns/britanos chegaron á Armórica dende século V entre eles moitos [[misioneiros]] que progresivamente converteron aos indíxenas da Armórica en cristiáns, foi unha migración masiva e remataron por trocarlle o nome a esa terra, Bretaña, terra de britóns, máis tarde chamados bretóns. Estes britóns fuxían das invasións de anglos, saxóns e xutos, os cales progresivamente os presionaron (Caso da Cornualla e Gales) cara ao sur, partindo vía [[Mar Céltico]] a terras continentais, é posible, e moitos así o pensan, que a arpa bárdica puido chegar á Bretaña na man destes britóns, deste xeito a '''arpa medieval bretoa''' tería a súa orixe na '''arpa bárdica'''. Moitos apuntan que esta foi a decisiva introdución no continente, destas arpas bárdicas, que non só chegaran con estes britóns, senón tamén da man de bardos gaélicos que tocaban nas cortes de moitos reis; é o caso documentado do arpista Cadiou do duque bretón Höel II en 1079 ou a coroación de Ricardo I (corazón de león) da [[Inglaterra]], na cal participaron bardos bretóns coas súas arpas e tamén bispos irlandeses como Albin O'Molloy. Estes britóns, aínda que en menor cantidade, tamén chegaron a Galiza, mesmo fixeron no norte de Lugo unha provincia, a [[Britonia]], e temos constancia da existencia do seu bispo [[Maeloc]], quizais eles puideron introducir a súa arpa bárdica na Galiza sueva como puido ser o caso da Breteña, o feito é que a arpa gótica débese moito á bárdica na súa estrutura estilizada e con forma de delta, a hipótese máis aceptada é que esta chegara a [[Galiza]] vía peregrinación a Compostela, é o máis posible, de tódolos xeitos queda a hipótese bretoa que se é posible na Bretaña por qué non na Bretaña da Galiza, por desgraza a destrución do Bispado Bretón fai imposible ter información fiable dos nosos bretóns.
 
== Notas==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==