Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Orixe: Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 150:
 
=== Popularidade ===
O [[punk rock]] emerxeu a mediados dos anos 1970 en reacción contra as condicións sociais da época así como contra unha [[música rock]] que consideraba demasiado indulxente e sobreproducida, incluíndo aoo heavy metal. As vendas de discos de heavy metal declinaron de forma considerable a finais desta década en favor do punk, a [[música disco]] e o rock máis popular.<ref name=gnwtey/> Os [[selo discográfico|selos]] principais enfocáronse no punk, e moitos grupos novos de heavy metal inspiráronse no son enerxético e agresivo deste movemento e os seus valores ''[[lo-fi]]'' e ''[[DIY]]''. Os grupos de heavy metal ''[[underground]]'' comezaron a publicar copias de discos sen grandes custos de gravación e de forma independente destinados a audiencias reducidas mais devotas a eles.<ref>{{Harvnb|Christe|2003|pp=30, 33}}</ref>
 
[[Ficheiro:Motorhead Port Talbot 1982.jpg|miniatura|dereita|300px|[[Motörhead]] en 1982.]]
O grupo [[Motörhead]], fundado en 1975, foi a primeira banda importante en abarcar ámbolos extremos divisorios entre o punk e o heavy metal.<ref>{{cita web|url={{Allmusic|class=artist|id=motörhead-mn0000501407|pure_url=yes}} |título=Motörhead Biography|data-acceso=11 de febreiro de 2007|apelidos=Erlewine|nome=Stephen|editorial=[[AllMusic]]}}</ref> A explosión do punk en 1977 tívose en conta nos medios musicais británicos, como por exemplo nas publicacións ''[[NME]]'' e ''[[Sounds]]'', que bautizaron a este novo movemento co nome de "[[Nova Onda do Heavy Metal Británico]]".<ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=33}}</ref> Entre as bandas que se incluíron dentro desta denominación destacan [[Iron Maiden]], [[Saxon]] e [[Def Leppard]], atribuíndoselles unha revitalización do heavy metal. Seguindo o liderado establecido por Judas Priest e Motörhead, comezaron a producir un son máis duro, reducindo os elementos de blues e dándo énfase ó uso de tempos cada vez máis rápidos.<ref>{{cita web |título=Judas Priest |apelidos1=Erlewine|nome1=Stephen|apelidos2=Prato|nome2=Greg |editorial=Allmusic |url={{Allmusic|class=artist|id=judas-priest-mn0000246611|pure_url=yes}} |data-acceso=30 de abril de 2007}}</ref><ref>{{cita web |título=Genre—New Wave of British Heavy Metal |editorial=Allmusic |url={{Allmusic|class=style|id=new-wave-of-british-heavy-metal-ma0000004491|pure_url=yes}} |data-acceso=17 de marzo de 2007}}</ref>
 
CaraContra 1980 este novo movemento entrou nas correntes principais máis populares, grazas a álbums de Iron Maiden, Saxon e Motörhead acadando posicións entre os primeiros 10 lugares das listas de vendas británicas. Dentro do mesmo movemento pero acadando un menor éxito comercial atópanse grupos como por exemplo [[Venom]] e [[Diamond Head]], que tamén resultaron influentes no desenvolvemento do xénero.<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=44}}</ref> En 1981, Motörhead converteuse no primeiro destes grupos de heavy metal en acadar o primeiro posto das listas do [[Reino Unido]] con ''[[No Sleep 'til Hammersmith]]''.<ref>{{Cita libro|apelidos=Burridge|nome=Alan|título=Illustrated Collector's Guide to Motörhead|ano=1995|editorial=Collector's Guide Publishing|páxina=70|ISBN=0-9695736-2-6}}</ref>
 
A primeira xeración de grupos do heavy metal comezou nesta época a perder protagonismo, coa separación de [[Deep Purple]] trala saída do grupo de [[Ritchie Blackmore|Blackmore]] en 1975, e a separación de [[Led Zeppelin]] tralo falecemento de [[John Bonham]] en 1980. Black Sabbath tivo múltiples problemas de pelexas internas entre os seus membros e de abuso de [[Droga|substancias estupefacientes]], a maiores da competición que comezou a presentar o seu grupo abreconcertos con orixe [[Los Angeles|nos Ánxeles]], [[Van Halen]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Popoff|nome=Martin|ano=2011|título=Black Sabbath FAQ: All That's Left to Know on the First Name in Metal|páxina=130|ISBN=978-0879309572|editorial=Hal Leonard Corporation}}</ref><ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=25}}</ref> [[Eddie Van Halen]] estableceuse como un dos principais guitarristas da época, e o seu [[solo]] no tema instrumental "[[Eruption]]" do seu álbum [[Van Halen (álbum)|homónimo de 1978]] considérase un fito dentro do xénero.<ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=51}}</ref> O son de [[Van Halen]] chegou ata o terreo da [[música pop]] cando foi incluído no tema "[[Beat It]]" de [[Michael Jackson]], que foi número 1 nas listas dos Estados Unidos en febreiro de 1983.<ref>{{Cita enciclopedia|título=Van Halen|enciclopedia=Encyclopedia of Popular Music|edición=4ª|nome-editor=Colin|apelidos-editor=Larkin|editorial=Oxford University Press|data=20 de novembro de 2006|ISBN=978-0195313734}}</ref>
 
Inspirada polo éxito de Van Halen comezou a desenvolverse unha escena de heavy metal no sur de [[California]] a finais dos anos 1970. Con base nos clubs de [[Sunset Strip]] nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], grupos como [[Quiet Riot]], [[Ratt]], [[Mötley Crüe]] e [[W.A.S.P.]] tiveron influencias do heavy metal tradicional de comezos da década.<ref>{{Cita web|apelidos=Rivadavia|nome=Eduardo|url={{Allmusic|class=artist|id=quiet-riot-mn0000859868|pure_url=yes}}|título=Quiet Riot|editorial=Allmusic|data-acceso=25 de marzo de 2007}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos= Neely|nome=Kim|url=http://www.rollingstone.com/artists/ratt/albums/album/211449/review/5946112/detonator|título=Ratt|revista=Rolling Stone|data-acceso=3 de abril de 2007|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20071002050205/http://www.rollingstone.com/artists/ratt/albums/album/211449/review/5946112/detonator|data-arquivo=2 de outubro de 2007|urlmorta=si}}</ref><ref>{{Cita web|nome1=Barry|apelidos1=Weber|nome2=Greg|apelidos2=Prato|url={{Allmusic|class=artist|id=mötley-crüe-mn0000500992|pure_url=yes}}|título=Mötley Crüe|editorial=Allmusic|data-acceso=3 de abril de 2007}}</ref><ref>{{Cita web|apelidos=Dolas|nome=Yiannis|url=http://www.rockpages.gr/detailspage.aspx?id=637&type=1&sub=%20&lang=EN|título=Blackie Lawless Interview|editorial=Rockpages|data-acceso=3 de abril de 2007|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20141006102604/http://www.rockpages.gr/detailspage.aspx?id=637&type=1&sub=%20&lang=EN|data-arquivo=6 de outubro de 2014|urlmorta=si}}</ref> Estes grupos incorporaron a teatralidade do [[glam metal]] representada por [[Alice Cooper]] e [[Kiss]].<ref>{{Harvnb|Christe|2003|pp=55–57}}</ref> Os grupos deste xénero adoitan distinguirse visualmente por estilos de cabelo longo e moi traballados, acompañados de vestimentas rechamantes, e as súas letras adoitan promover o [[hedonismo]] e os comportamentos salvaxes, incluíndo palabras malsoantes e sexuais e o uso de [[narcótico]]s.<ref name="ReferenceA">{{cita publicación periódica|apelidos1=Freeborn|nome1=Robert|url=https://www.questia.com/library/journal/1G1-228652764/a-selective-discography-of-scandinavian-heavy-metal|título=A selective discography of scandinavian heavy metal music|revista=Quarterly Journal of the Music Library Association|data=xuño de 2010|volume=66|número=4|páxinas=840–850}}</ref>
 
[[Ficheiro:IRON MAIDEN - Manchester Apollo - 1980.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Iron Maiden]] en 1980.]]
Co despertar da Nova Onda do Heavy Metal Británico e o éxito de Judas Priest ''[[British Steel]]'' en 1980, o heavy metal comezou a ter unha maior popularidade a comezos da década de 1980. Moitos artistas do xénero beneficiáronse da exposición recibida na [[MTV]], que comezou a súa emisión no ano 1981, e as vendas de discos adoitaban incrementarse considerablemente cando se emitían os [[vídeo musical|vídeos musicais]] destes grupos na cadea televisiva.<ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=79}}</ref> Os vídeos de Def Leppard do seu disco ''[[Pyromania]]'' de 1983 convertéronos en estrelas nos Estados Unidos, e Quiet Riot converteuse no primeiro grupo do país en acadar a primeira posición na lista ''Billboard'' co álbum ''[[Metal Health]]'' dese mesmo ano. Un dos primeiros eventos fundamentais na crecente popularidade do heavy metal foi o ''US Festival'' de 1983 en California, na que [[Ozzy Osbourne]], [[Van Halen]], [[Scorpions]], [[Mötley Crüe]], [[Judas Priest]] e outros grupos do xénero reuniron as maiores audiencias do evento de tres días de duración.<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=45}}</ref>
 
Entre 1983 e 1984 o heavy metal pasou de supoñer un 8% das vendas de discos nos Estados Unidos ata un 20%.<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=12}}</ref> Comezaron a publicarse varias revistas especializadas no xénero, incluíndo a ''[[Kerrang!]]'' en 1981, e ''[[Metal Hammer]]'' en 1984. No ano 1985 ''[[Billboard]]'' declarou que "O (heavy) metal ampliou a súa base de audiencia. A música metal xa non é dominio exclusivo dos adolescentes varóns. A audiencia do metal agora é maior (de idade universitaria), menor (preadolescente) e con máis presenza feminina".{{sfn|Walser|1993|pp=12–13, 182 n. 35|ps=: "Metal has broadened its audience base. Metal music is no longer the exclusive domain of male teenagers. The metal audience has become older (college-aged), younger (pre-teen), and more female"}}
 
Cara a mediados dos anos 1980 o [[glam metal]] converteuse nunha presenza dominante nas listas dos Estados Unidos, na televisión musical e nos circuítos de concertos. Novos grupos como [[Warrant]], [[Poison]] e [[Cinderella]] eran atraccións maiores, mentres que outros grupos como Mötley Crüe e Ratt continuaron a ser populares. Facendo de ponte estilística entre o [[hard rock]] e o glam metal, o grupo de [[Nova Jersey]] [[Bon Jovi]] acadou un grangrande éxito co seu terceiro álbum, ''[[Slippery When Wet]]'', publicado en 1986. A banda [[Suecia|sueca]] de estilo semellante [[Europe]] acadou a consideración de estrela internacional co álbum de 1986 ''[[The Final Countdown]]'', cando o [[The Final Countdown (canción)|tema homónimo deste disco]] acadou o número 1 nas listas de éxitos de 25 países.<ref>{{cita novas |título=Rock Group Europe Plan Comeback |xornal=BBC News |data=3 de outubro de 2003|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/3162506.stm |data-acceso=28 de novembro de 2008 |lugar=Londres}}</ref> Xa en 1987, a MTV comezou a emitir un novo programa titulado ''[[Headbanger's Ball]]'', adicado exclusivamente a emitir vídeos musicais de grupos de heavy metal. Porén, a audiencia deste xénero xa comezara a separarse en "faccións", cunha parte ''underground'' favorecendo sons máis extremos e desdeñando o o glam metal e outros estilos máis populares.<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=14}}; {{Harvnb|Christe|2003|p=170}}</ref>
 
En 1988, [[Jane's Addiction]] xurdiu da escena de clubs de [[hard rock]] dos Ánxeles co seu álbum de estrea ''[[Nothing's Shocking]]''. Na crítica deste álbum, ''Rolling Stone'' declarou "Jane's Addiction é o verdadeiro herdeiro de Led Zeppelin".<ref>{{cita web |título=Jane's Addiction: ''Nothing's Shocking'' |nome=Steve|apelidos=Pond |revista=Rolling Stone |data=20 de outubro de 1988|url=http://www.rollingstone.com/artists/janesaddiction/albums/album/119704/review/5942383/nothings_shocking |data-acceso=1 de maio de 2007 |url-arquivo=http://web.archive.org/web/20071002080218/http://www.rollingstone.com/artists/janesaddiction/albums/album/119704/review/5942383/nothings_shocking |data-arquivo=2 de outubro de 2007 |deadurl=yes}}</ref> Este grupo foi un dos primeiros en ser identificado dentro da tendencia do [[metal alternativo]] que se popularizaría na seguinte década.<ref name=Covach>{{Cita web|apelidos=Covach|nome=John|url=http://www2.wwnorton.com/college/music/rockhistory/outlines/ch12.htm|título=Heavy Metal, Rap, and the Rise of Alternative Rock (1982–1992)|obra=What's That Sound? An Introduction to Rock and its History|data-acceso=16 de novembro de 2007}}</ref>