Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

O ritmo nas cancións de heavy metal é enfático, con acentuacións deliberadas. Segundo Weinstein, a variada selección de efectos de son dispoñibles na batería permite que "o padrón rítmico acade complexidade dentro da súa transmisión e insistencia".<ref name=W24/> En moitos dos temas o ritmo caracterízase por empregar figuras rítmicas curtas de dúas ou tres notas, xeralmente formadas por [[corchea]]s e [[semicorchea]]s, as que se lles aplica un ''[[staccato]]'' mediante a técnica ''[[palm mute]]'' nas guitarras rítmicas.<ref>{{Cita publicación periódica|título=Master of Rhythm: The Importance of Tone and Right-hand Technique|revista=Guitar Legends|data=abril de 1997|p=99}}</ref>
 
As [[cela rítmica|celas rítmicas]] curtas, bruscas e desconectadas únense a outras frases musicais de estrutura distintiva e habitualmente errática. Estas frases empréganse para crear un acompañamento rítmico e figuras melódicas denominadas ''[[riff]]s'', que axudan a establecer ganchos temáticos. Os temas de heavy metal tamén usan figuras máis longas como as [[redonda]]s nas [[balada]]s de tempo máis lento. Os tempos nos comezos do heavy metal tendían a ser lentos e pesados,<ref name=W24/> aínda que cara oao final dos anos 1970 os grupos adoitaban empregar unha gran variedade de tempos. Na década dos 2000 o rango de tempos utilizados no heavy metal acadaron unha variedade que ía dende os lentos das baladas de 60 pulsos por minuto ata os extremadamente rápidos de tipo ''[[blast beat]]'' de ata 350 pulsos por minuto.<ref name=Berry/>
 
==== Estruturas harmónicas ====
32.818

edicións