Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
A orde fundouse no ano 1168 polos cabaleiros Pedro Fernández de Fuencalada,Rodrigo Álvarez(da [[Casa de Traba]]),Pedro Arias e outros señores feudais que tiveron o se bautismo de fogo como Orde cando no ano [[1170]] o rei [[Fernando II de León]] encargou a un grupo de cabaleiros coñecidos coma [[Fratres de Cáceres|os Fratres]] a defensa da cidade de [[Cáceres]], que tiveron que abandonar ó ser conquistada polos musulmáns. A segunda fundación, de tipo relixioso, hai que atribuírlla ó rei [[Afonso VIII de Castela]], coa aprobación do papa [[Alexandre III, papa|Alexandre III]] mediante unha bula outorgada o [[5 de xullo]] de [[1175]] que a converteu nunha orde supranacional, directamente responsábel perante o xefe máximo da [[cristianismo|Cristiandade]].
[[Ficheiro:Beltran de la Cueva.jpg|250px|miniatura|esquerda|[[Beltrán de la Cueva]] co hábito da orde a seu lado]].]]
 
Os cabaleiros da Orde de Santiago aceptaron os votos de pobreza e obediencia. Porén, ó organizárense pola regra dos [[Orde de Santo Agostiño|agostiños]] en vez da do [[Císter]], os seus membros non estaban obrigados a faceren voto de castidade e puideron contraer [[matrimonio]] (casados eran algúns dos seus fundadores). A bula do papa Alexandre III recomendaba o celibato. Nos Estatutos da fundación da orde precisábase: "''En conxugal castidade, vivindo sen pecado, semellan ós primeiros pais, porque mellor é casar que queimarse''".