Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

(→‎Death metal: Arranxos)
(→‎Thrash metal: Arranxos)
O thrash metal xurdiu a comezos dos anos 1980 baixo a influencia do [[hardcore punk]] e a [[Nova Onda do Heavy Metal Británico]],<ref name=GTM>{{Cita web|url=http://www.allmusic.com/style/speed-thrash-metal-ma0000002874|título=Speed/Thrash Metal|páxina-web=Allmusic|data-acceso=22 de outubro de 2015}}</ref> particularmente con temas de estilo acelerado denominado [[speed metal]]. Esta corrente comezou nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], cunha escena principal localizada na rexión da baía de [[San Francisco]]. O son desenvolvido polos grupos de thrash metal era máis rápido e agresivo que o dos grupos anteriores do heavy metal tradicional e do glam metal.<ref name=GTM/> Os ''[[riff]]s'' de guitarra de rexistros baixos adoitan sobrepoñerse con partes de ''[[shred]]ding'', e as letras tratan habitualmente temas de corte [[nihilismo|nihilista]] ou de [[problema social|problemática social]] empregando unha linguaxe visceral e cruenta. O thrash metal foi descrito por algúns autores coma unha forma de "música urbana de desgraza".<ref>{{Harvnb|Moynihan|Søderlind|1998|p=26}}</ref>
 
Este xénero popularizouse principalmente polos denominados ''"Big Four of Thrash"'': [[Metallica]], [[Anthrax]], [[Megadeth]] e [[Slayer]].<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=14}}</ref> Tres grupos [[Alemaña|alemáns]], [[Kreator]], [[Sodom]] e [[Destruction]] xogaron un papel fundamental na recepción deste estilo en [[Europa]], e outros grupos coma [[Testament (grupo musical)|Testament]] e [[Exodus (grupo musical)|Exodus]] en [[San Francisco]], [[Overkill]] en [[Nova Jersey]], e [[Sepultura (grupo musical)|Sepultura]] no [[Brasil]] tamén tiveron un impacto significativo. Malia que o thrash metal comezou coma unha corrente ''underground'' e mantívosese mantivo así durante case unha década, os principais grupos deste movemento comezaron a chegar a unha audiencia maior. Metallica acadou un posto entre as primeiras 40 posicións da lista de álbums de ''Billboard'' en 1986 con ''[[Master of Puppets]]'', que sería o primeiro [[álbum de platino]] deste xénero.<ref>{{Cita libro|apelidos=Nicholls|nome=David|ano=1998|título=The Cambridge History of American Music|editorial=Cambridge University Press|ISBN=0-521-45429-8|páxina=378}}</ref> Dous anos despois, o seu disco ''[[...And Justice for All]]'' acadou o número 6 desta lista, mentres que Megadeth e Anthrax tamén conseguiron estar entre os primeiros 40 postos da lista nos Estados Unidos.<ref>{{Cita web|url=http://www.billboard.com/artist/310639/metallica/chart|título=Metallica - Chart History|editorial=Billboard|data-acceso=7 de abril de 2007}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.billboard.com/artist/310366/megadeth/chart|título=Megadeth - Chart history|editorial=Billboard|data-acceso=7 de abril de 2007}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.billboard.com/artist/279704/anthrax/chart|título=Anthrax - Chart history|editorial=Billboard|data-acceso=7 de abril de 2007}}</ref>
 
Cun menor éxito comercial que os outros tres grandes grupos, Slayer publicou o que se considera coma un dos álbums definitivos do xénero, ''[[Reign in Blood]]'' de 1986, acreditado por incorporar [[Timbre (música)|timbres]] de guitarra máis pesados e por incluír representacións explícitas de [[morte]], sufrimento, [[violencia]] e ocultismo na lírica do xénero.<ref>{{Cita libro|apelidos=Phillipov|nome=Michelle|ano=2012|título=Death Metal and Music Criticism: Analysis at the Limits|editorial=Lexington Books|ISBN=978-0-7391-6459-4|páxinas=15, 16}}</ref> Slayer atraeu a seguidores pertencentes a grupos ''[[skinhead]]'', o que provocou que o grupo fose obxectivo habitual de acusacións de promoción deda violencia e o [[nazismo]].<ref>{{Harvnb|Moynihan|Søderlind|1998|p=30}}; {{Harvnb|O'Neil|2001|p=164}}</ref> Aínda que Slayer non recibiu tanta difusión nos medios coma outros grupos contemporáneos seus, a súa música tivo un papel fundamental no desenvolvemento do [[metal extremo]].<ref>{{Harvnb|Harrison|2011|p=61}}</ref>
 
A comezos dos anos 1990 os éxitos comerciais do thrash metal redefiniron a corrente principal do heavy metal.<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=15}}</ref> oO álbum [[Metallica (álbum)|homónimo]] de Metallica de 1991 foi número 1 na lista ''Billboard'',<ref>{{cita web|url=http://www.billboard.com/charts/billboard-200/1991-08-31 |título=Top 200 Albums|data=31 de agosto de 1991|editorial=Billboard|data-acceso=24 de agosto de 2015}}</ref> e o grupo estableceu unha base internacional de fans.<ref>{{Harvnb|Harrison|2011|p=60}}</ref> O disco de Megadeth ''[[Countdown to Extinction]]'' de 1992 fixo o seu debut no número dous da lista,<ref>{{cita web|url=http://www.billboard.com/charts/billboard-200/1992-08-01 |título=Top 200 Albums|data=1 de agosto de 1992|editorial=Billboard|data-acceso=24 de agosto de 2015}}</ref> Anthrax e Slayer chegaron a estar entre os 10 primeiros postos,<ref>{{cita web|url=http://www.billboard.com/charts/1993-06-12/billboard-200 |título=Top 200 Albums|data=12 de xuño de 1993|editorial=Billboard|data-acceso=24 de agosto de 2015}}</ref> e outros álbums de grupos rexionais coma Testament e Sepultura chegaron a estar entre os 100 primeiros postos da lista.<ref>{{Cita web|url=http://www.billboard.com/artist/376824/testament/chart|título=Testament - Chart history|data-acceso=22 de outubro de 2015|editorial=Billboard}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.billboard.com/artist/278656/sepultura/chart|título=Sepultura - Chart history|data-acceso=22 de outubro de 2015|editorial=Billboard}}</ref>
 
==== Death metal ====
32.727

edicións