Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Marcio»

sen resumo de edición
 
:Paréceme correcto conservar as formas aceptadas polo DRAG; no Galizionario non controlo moito, pero xa vexo que entre ti e o Usuario:Furagaitas andades a aquelar. Avante toda! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 1 de maio de 2016 ás 23:12 (UTC)
 
 
Ola Marcio. Observo que mudaches o xentilicio de Antas de Ulla, según recolle X.H. Costas. Neste sentido debo dicirche que xa comentei con Quique Costas ese asunto e o propio autor convén comigo en que o xentilicio "ulloán/ulloá" corresponde máis axeitadamente ás persoas da comarca natural da Ulla (nos concellos de Vedra, Teo, Boqueixón e A Estrada), ou incluso tamén para todos os da comarca da Ulloa (Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla).
Para o caso de Antas de Ulla, tendo en consideración que o nome orixinario da vila é o de Seoane, e por esa denominación se nos vén coñecendo e por ela nos recoñecemos, estimamos e consideramos que o xentilicio propio dos habitantes de Antas de Ulla debe ser o de "seoaneses/seoanesas" (Costas propoñíame tamén o de "antés/antesa" como construcción válida)
Na vindeira edición de "Os Xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega", recollerá isto que digo.
Agradézoche, polo tanto, que volvas repoñer o citado xentilicio que eu mesmo tiña posto na Galipedia. Saúdos. --[[Usuario:Satna|Satna]] ([[Conversa Usuario:Satna|Ti dirás]]) 14 de maio de 2016 ás 17:08 (UTC)
672

edicións