Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

→‎Xesticulación: CD con preposición
(→‎Imaxe e moda: Arranxos)
(→‎Xesticulación: CD con preposición)
Moitos músicos de heavy metal adoitan realizar movementos denominados ''[[headbanging]]'' nas actuacións en directo, que consisten en movementos rítmicos coa cabeza habitualmente resaltados polo cabelo longo, documentados por primeira vez en actuacións de [[Led Zeppelin]] e [[Black Sabbath]] no 1970.<ref>{{cita audiovisual|url=https://www.youtube.com/watch?v=KqF3J8DpEb4|título=Led Zeppelin - Communication Breakdown - Royal Albert Hall 1970|data=15 de outubro de 2007|páxina-web=YouTube|data-acceso=23 de febreiro de 2015}}</ref><ref>{{cita audiovisual|url=http://www.youtube.com/watch?v=clySTJtd81c|título=Black Sabbath Paris 1970 Live Full Concert|data=10 de agosto de 2013|páxina-web=YouTube|data-acceso=23 de febreiro de 2015}}</ref> O xesto manual dos [[corno]]s é tamén algo típico nos concertos. A orixe deste xesto está disputada, con fontes que indican que foi o vocalista [[Ronnie James Dio]] quen o fixo popular,<ref name=MH/> mentres que tamén existen declaracións de [[Gene Simmons]] do grupo [[Kiss]] afirmando que el foi o primeiro en facer o xesto na portada do disco de 1977 ''[[Love Gun]]''.<ref>{{Cita novas|apelidos=Appleford|nome=Steve|url=http://www.mk-magazine.com/news/archives/000929.php|título=Odyssey of the Devil Horns|xornal=MK Magazine|data=9 de setembro de 2004|data-acceso=31 de marzo de 2007}}</ref>
 
Os asistentes a concertos de heavy metal non [[baile|bailan]] no senso habitual do termo. Os dous movementos principais que substitúen aoo baile son o ''headbanging'' e os movementos rítmicos cun brazo erguido en sinal de apreciación.<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=130}}</ref> Tamén é habitual facer movementos de ''[[air guitar]]'', simulando que se está a tocar unha guitarra.<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=95}}</ref> Os concertos de xéneros como o [[thrash metal]] ou o [[metalcore]] adoitan incluír elementos novos non incluídos noutros xéneros anteriores. Estes elementos son o ''[[moshing]]'', no que os participantes se apuxan e saltan chocando os uns cos outros, e o ''[[stage diving]]'', que consiste en saltar dende o escenario ata as primeiras filas do público asistente. Estas prácticas teñen a súa orixe e foron adoptadas do movemento [[punk]].<ref name="Weinstein 2009 228–229">{{Harvnb|Weinstein|2009|pp=228–229}}</ref>
 
=== Subcultura ===
32.727

edicións