Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 69:
Segundo os investigadores David Hatch e Stephen Millward, [[Black Sabbath]] e os numerosos grupos de heavy metal que estes inspiraron, concentráronse en líricas "de contido escuro e depresivo ata unha extensión ata o de agora sen precedentes en ningunha forma de música popular". Para esta argumentación poñen como exemplo o segundo álbum de Black Sabbath, ''[[Paranoid]]'', publicado en 1970, que segundo eles inclúe cancións que tratan con traumas persoais xunto a outras que confrontan cuestións máis xerais como a guerra.<ref>{{Cita libro|apelidos1=Hatch|nome1=David|nome2=Stephen|apelidos2=Millward|ano=1989|título=From Blues to Rock: An Analytical History of Pop Music|editorial=Manchester University Press|ISBN=0-7190-2349-1|páxina=167}}</ref> Derivando das raíces do blues, o [[sexo]] adoita ser outro tema importante, con exemplos que van dende as letras insinuantes de [[Led Zeppelin]] ata as referencias máis explícitas presentes en moitas cancións de grupos de [[glam metal]] e [[nu metal]].<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=36}}</ref>
 
O contido temático do heavy metal foi historicamente un obxectivo habitual de críticas. Segundo o xornalista Jon Pareles, "O tema principal do heavy metal é simple e virtualmente universal. Con gruñidos, xemidos e líricas subliterarias celebra unha festa sen límites".<ref name=JP/> A crítica musical ten considerado habitualmente as letras do heavy metal coma xuvenís e banais, obxectando en ocasións que apoian a [[misoxinia]] e o [[ocultismo]].<ref>{{Cita libro|título=The Rock History Reader|url=https://books.google.com/books?id=wjRSmEjs8ZcC&lpg=PT245&ots=i-T-wM155E&dq=advocacy%20of%20misogyny%20and%20the%20occult%20heavy%20metal%20music&pg=PT245#v=onepage&q=advocacy%20of%20misogyny%20and%20the%20occult%20heavy%20metal%20music&f=false|capítulo=The Cult Of Violence|apelidos=Gore|nome=Tipper|apelidos-editor=Cateforis|nome-editor=Theo|ano=2007|editorial=Taylor & Francis|ISBN=9780415975018|páxina=227}}</ref> Na década de 1980 a asociación ''Parents Music Resource Center'' fixo unha petición formal no [[CongresoCámara de Representantes dos Estados Unidos de América|Congreso dos Estados Unidos]] para regular a industria da música popular debido ao que o grupo afirmaba que eran letras inaceptables, particularmente aquelas presentes nas cancións de heavy metal.<ref>{{Cita libro|apelidos1=Ewing|nome1=Charles Patrick|nome2=Joseph T.|apelidos2=McCann|ano=2006|título=Minds on Trial: Great Cases in Law and Psychology|editorial=Oxford University Press|ISBN=0-19-518176-X|páxinas=104–113}}</ref> O crítico musical [[Robert Christgau]] cualificou aoo heavy metal como "unha forma expresiva que ás veces semella que estará connosco mentres os rapaces brancos ordinarios teñan medo das rapazas, se compadezan a si mesmos e se lles permita enfurecerse contra o mundo ao que nunca vencerán".<ref>{{cita novas|apelidos=Christgau|nome=Robert|data=13 de outubro de 1998|url=http://www.villagevoice.com/music/nothings-shocking-6423399|título=Nothing's Shocking|xornal=[[The Village Voice]]|lugar=Nova York|data-acceso=22 de xuño de 2013}}</ref>
 
Nalgúns países nos que predomina o [[islamismo]] o heavy metal ten sido obxecto de denuncia e censura alegando ser unha ameaza para os valores tradicionais. En países como [[Marrocos]], [[Exipto]], [[Líbano]] e [[Malaisia]] teñen ocorrido incidentes nos que músicos de heavy metal e admiradores destes foron arrestados e encarcerados.<ref>{{cita novas|apelidos=Whitaker|nome=Brian|data=2 de xuño de 2003|título=Highway to Hell |url=http://www.theguardian.com/world/2003/jun/02/worlddispatch.brianwhitaker|xornal=The Guardian|data-acceso=21 de outubro de 2015}}</ref><ref>{{cita novas|data=4 de agosto de 2001|título=Malaysia Curbs Heavy Metal Music |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/asia-pacific/1473198.stm|xornal=BBC News|data-acceso=21 de outubro de 2015}}</ref>