Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

(Arranxos)
Un dos trazos característicos do xénero son os [[acorde]]s chamados ''[[power chord]]'',<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=2}}</ref> que se executan nun só [[intervalo]], xeralmente unha [[quinta perfecta]]. Ao tocar estes acordes nas cordas máis baixas a volumes altos e con distorsión, créanse sons adicionais de baixa frecuencia, que producen o efecto característico deste tipo de acordes.<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=43}}</ref> Malia que o intervalo de quinta perfecta é a base máis común,<ref>{{Cita web|url=http://www.melbay.com/Pages/Item/3226/Glossary-Of-Guitar-Terms.aspx|título=Glossary of Guitar Terms|editorial=Mel Bay Publications|data-acceso=15 de novembro de 2007}}</ref> tamén poden basearse en intervalos diferentes como a [[terceira menor]], [[terceira maior]], [[cuarta perfecta]], [[tritonal (música)|quinta reducida]] ou [[sexta menor]].<ref>{{Cita publicación periódica|título=Shaping Up and Riffing Out: Using Major and Minor Power Chords to Add Colour to Your Parts|revista=Guitar Legends|data=abril de 1997|páxina=97}}</ref> A maioría destes ''power chords'' tócanse cun arranxo de dedos consistente que pode escorregar facilmente cara arriba e abaixo polo [[diapasón (instrumento de corda)|diapasón]].<ref>{{Harvnb|Schonbrun|2006|p=22}}</ref>
 
O xénero baséase en ''[[riff]]s'' creados con tres características harmónicas principais: progresións de escalas modais, progresións [[tritonal (música)|tritonais]] e cromáticas, e o uso de [[punto de pedal|puntos de pedal]]. O heavy metal tradicional tende a empregar escalas modais, en particular a [[escala menor natural]] e a [[escala diatónica]].<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=46}}</ref> As relacións cromáticas e tritonais empréganse en varias progresións de acordes,<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Marshall|nome=Wolf|título=Power Lord—Climbing Chords, Evil Tritones, Giant Callouses|revista=Guitar Legends|data=abril de 1997|páxina=29}}</ref><ref name="MH">{{Cita audiovisual|apelidos=Dunn|nome=Sam|ano=2005|título=Metal: A Headbanger's Journey|editorial=Banger Films}}</ref> engadindo características pentatónicas e derivadas do [[blues]].<ref name="Lilja 2009">{{cita publicación periódica|apelidos=Lilja |nome=Esa |data=2009 |título=Theory and Analysis of Classic Heavy Metal Harmony |revista= Advanced Musicology |editorial=IAML Finland |volume=1}}</ref> As cancións adoitan facer un uso extensivo do [[punto de pedal]] como base harmónica.<ref>{{Cita libro|apelidos=Kennedy|nome=Michael|ano=1985|título=The Oxford Dictionary of Music|editorial=Oxford University Press|ISBN=0-19-311333-3|páxina=540}}</ref> As relacións harmónicas no heavy metal considéranse complexas facendo que oa análise harmónico do xénero resulte sofisticado<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=47}}</ref> e relativamente máis complicado que noutros xéneros.<ref name="Lilja 2009"/>
 
==== Relación coa música clásica ====
32.818

edicións