Batalla de Brión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:1557-San Felipe.JPG|dereita|250px|miniatura|O castelo de san Filipe.]]
 
[[Ficheiro:%D0%9D%D0%B0%D0%BF%D0%B0%D0%B4%D0%B5%D0%BD%D0%B8%D0%B5_%D0%B0%D0%BD%D0%B3%D0%BB%D0%B8%D1%87%D0%B0%D0%BD_%D0%BD%D0%B0_%D0%A4%D0%B5%D1%80%D1%80%D0%BE%D0%BB%D1%8C_1800_%D0%B3%D0%BE%D0%B4.jpg|dereita|250px|miniatura|A batalla de Brión nun mapa da época, tamén coñecida como "A expdición a Ferrol"..]]
A '''batalla de Brión''' foi un encontro bélico acontecido os días 25 e [[26 de agosto]] de [[1800]] entre tropas británicas e españolas, estas apoiadas por paisanos, nas inmediacións da cidade de [[Ferrol]] e a parroquia de [[Brión, Ferrol|Brión]]. A causa do lugar de desembarco británico é tamén coñecida como '''batalla de Doniños'''.
 
Liña 11:
 
== Os feitos ==
[[Ficheiro:1557-San Felipe.JPG|dereita|250px|miniatura|O castelo de san Filipe.]]
O [[25 de agosto]] de [[1800]], presentábase ante as costas exteriores á ría de Ferrol, unha frota británica, formada de cerca de 100 navíos, dos cales 21 eran buques de guerra e o resto transportes, ao mando do contralmirante [[John Borlase Warren]], e que se dirixía en principio cara o Mediterráneo oriental. Da frota desembarcou, nas praias de [[San Xurxo da Mariña, Ferrol|San Xurxo]] e [[Doniños, Ferrol|Doniños]] un corpo expedicionario duns 15 000 homes, comandados polo tenente xeneral [[James Pultney]], que se dirixiron polos montes cara o [[castelo de San Felipe|castelo de San Filipe]], na beira setentrional da entrada da [[ría de Ferrol|ría ferrolana]], con o claro obxectivo de tomalo pola retagarda e así facilitar o paso da súa frota. As tropas británicas destruíron as débiles fortificacións sitas en [[San Xurxo da Mariña, Ferrol|San Xurxo]] e [[Doniños, Ferrol|Doniños]].