Illa Scott: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
A '''illa Scott''' é unha pequena [[illa]] deshabitada de orixe volcánica situada no [[océano Antártico]]. Está situada a uns 505 quilómetros do [[cabo Adare]], a extremidade nordeste da [[Terra de Vitoria]]. Ten 565 metros de longo e 180 de largo, abranguendo un área de 4 hectáreas. No oeste da illa, a uns 250 metros, atópase o [[Piar de Haggitt]], unha columna de 60 m de altura. A illa contén dúas pequenas enseadas con praias, e o resto da illa é rochosa. Unha das [[ría]]s está sobre a costa nordeste e a outra atópase na parte occidental da illa, fronte ao piar de Haggit.
 
A illa foi descuberta o [[25 de decembro]] de [[1902]] polo capitán e explorador [[Guillerme Colbeck]] do ''SY Morning'', quen transportaba no seu navío ao capitán [[Robert Falcon Scott]] na expedición de Sir [[Clements Robert Markham]]. Colbeck pensou en bautizar á illa co nome de illa Markham, pero posteriormente Clements Markham decidiu mudar o nome na honra do capitán Scott. O pilarpiar de Haggit recibe esa denominación polo apelido materno de Guillerme Colbecj, Haggit.
 
En [[2006]], unha expedición de mapeado atopou as illas cando se dirixía ao [[mar de Ross]].<ref name="NIWAR200717">[http://www.niwa.co.nz/news-and-publications/publications/all/cou/2007-17/map The changing map of Antarctica], [[National Institute of Water and Atmospheric Research]], Coasts & Oceans Update, No. 17, 2007</ref>