Igrexa católica maronita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 40:
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|thumb|left|A [[Peshitta]] é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de [[Libro do Éxodo|Éxodo]] 13:14-16, do ano 464.]]
 
A cabeza da Igrexa Maronita é o [[Lista dos Patriarcas de Antioquía dos Maronitas|Patriarca de Antioquía dos Maronitas]], quen é elixido polos bispos maronitas e reside en [[Bkirki]], ao norte de [[Beirut]]. Dende marzo de 2011 o patriarca é o [[cardeal]] [[Bixara Pedro al-RahiRai]]. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do [[Papa]], mantendo deste xeito a comuñón coa [[Santa Sé]]. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.
 
Os maronitas comparten co resto de [[Igrexa Católica|católicos]] a doutrina, mais teñen as súas propias tradicións en canto á [[liturxia]], [[teoloxía]] e [[espiritualidade]]; amais de manter unha [[disciplina eclesiástica|disciplina]] e [[xerarquía]] diferenciadas das do resto de [[Igrexas particulares]]. A Igrexa Maronota pertence á tradición [[tradición antioquense|antioquense]] e é de [[rito siro-antioquense occidental]]. A [[lingua siríaca]] é a súa [[lingua litúrxica]] propia. Porén, considéranse unha das [[igrexas católicas orientais]] máis fortemente [[latinización litúrxica|latinizadas]], aínda que hai esforzos na recuperación de prácticas orientais.
 
O cardeal [[Nasrala Pedro SfeirSufair|SfeirSufair]] acelerou persoanlmente as reformas litúrxicas nos oitenta e noventa, que levaron á publicación en 1992 do novo misal maronita. O misal é unha viraxe ás formas orixinais da liturxia antioquense, eliminando a latinización litúrxica dos séculos pasados.
 
O [[celibato clerical|celibato]] non está estritamente requirido para os sacerdotes e diáconos, puidendo casar antes de seren ordenados; os monxes, porén, deben ser célibes, así como os bispos. Os eparcas e arquieparcas responden ante o patriarca.