Umberto Saba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tradución e adaptación da wikipedia italiana
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias}}
'''Umberto Saba''', nado en [[Trieste]] o [[9 de marzo]] de [[1883]] e finado en [[Gorizia]] o [[25 de agosto]] de [[1957], foi un poeta e novelista [[italia]]no.
{{wikificar}}
 
'''Umberto Saba''', nado en [[Trieste]] o [[9 de marzo]] de [[1883]] e finado en [[Gorizia]] o [[25 de agosto]] de [[1957]], foi un poeta e novelista [[italia]]no.
== Traxectoria ==
 
== Traxectoria ==
Umberto Saba, de nacemento Umberto Poli, vén á vida en Trieste, que daquela pertencía ao Imperio austro-húngaro, o [[9 de marzo]] de [[1883]].
 
Os seus pais foron Rachele Cohen, unha xudía de Trieste, e o veneciano Edoardo Poli, que abandonará a muller antes de nacer Umberto. Este feito atormentará o escritor durante toda a vida e fará que asine as súas obras cun pseudónimo, rexeitando o apelido paterno.
 
Pola situación familiar, encárgase del ata os tres anos a ama de cría eslovena Peppa Sabaz, a quen quería coma a unha nai. A relación entre eles foi, de feito, tan forte que moitos estudiososestudosos relacionan o pseudónimo Saba co apelido desta muller. Para outros sería unha homenaxe á súa familia materna, porque "saba" en hebreo significa "avó" ou "vello". En calquera caso, a separación da ama de cría cando a nai o reclama supón o primeiro trauma da súa vida, que lembrará nas poesías do libro "Il piccolo Berto" de 1926.
 
A súa infancia transcorre chea de melancolía rodeado de mulleres: a nai e dúas tías, unha viúva e outra solteira, que tiñan unha tenda de mobles e obxectos usados.
Liña 13 ⟶ 15:
Estuda con pouco proveito no Ginnasio Dante Alighieri de Trieste e despois matricúlase na Academia Imperial de Comercio e Nautica. Sen rematar o curso enrólase nun barco como grumete.
 
A vocación literaria é precoz. No [[1903]], aos 20 anos asiste na [[Universidade de Pisa]] a varios cursos de [[literatura italiana]], pero axiña os deixa para facer outros de arqueoloxía, alemán e latín. No verán do ano seguinte, despois dunha discusión cun amigo, volta a Trieste cunha forte depresión que manterá toda a vida. Neste periodo comeza a escribir poemas e artigos para varios xornais locais.
A vocación literaria é precoz. No 1903, aos 20 anos asiste na Universidade de
Pisa a varios cursos de literatura italiana, pero axiña os deixa para facer outros de arqueoloxía, alemán e latín. No verán do ano seguinte, despois dunha discusión cun amigo, volta a Trieste cunha forte depresión que manterá toda a vida. Neste periodo comeza a escribir poemas e artigos para varios xornais locais.
 
Nos anos seguintes viaxa moito: a Montenegro, que percorre a pé no [[1905]]; un ano despois, a [[Florencia]], onde leva unha intensa vida cultural. No 1907, en Salerno, xa como cidadán italiano, fai o servizo militar, unha experiencia da que nacerán os seus "Versi militari".
 
Nun dos permisos, de volta a Trieste, coñece a Carolina Wölfler, a Lina das súas poesías, a súa futura muller e compañeira da vida, coa que casa polo rito xudeu no 1909. Terán unha filla, Linuccia. Nesta cidade, xestiona co seu cuñado dúas tendas de artigos eléctricos.
 
No ano [[1911]] autopublica co pseudónimo Saba o seu primeiro libro, Poesie, seguido pouco despois pola escolma Coi miei occhi. Do mesmo período é Il mio secondo libro di versi, coñecido posteriormente como Trieste e una donna.
 
Para superar un período de crise matrimonial pola infidelidade da muller, en maio de 1903 a familia múdase a Boloña, onde colabora no xornal [[Il Resto del Carlino]], e nove meses despois, a Milán. Nesta cidade dirixe o café do teatro Edén. As súas vivencias móveno a escribir [[La serena disperazione]].
 
Ás portas da Primeira Guerra Mundial atopamos a un Saba fortemente comprometido coa intervención de Italia no conflito, dada a súa orixe triestina. Isto lévao mesmo a colaborar no xornal Il Popolo d'Italia, dirixido por [[Benito Mussolini]] e a participar na guerra, durante a cal le as obras de Nietzsche. Durante esta, aínda que se limita a facer tarefas administrativas na retagarda, sofre unha crise nervosanerviosa e psicolóxica tan forte que ten que ser ingresado no hospital militar de [[Milán]] no [[1918]].
 
Rematada a guerra, volta a Trieste coa familia. Traballa uns meses como director dun cinema e como escritor de textos publicitarios para a Leoni Films. Despois faise cargo da librería anticuaria Mayländer, que rebautiza co nome de "Libreria antica e moderna".
 
No 1922 publícase a primeira edición da súa obra máis importante: Il Canzoniere, concibida coma unha autobiografía en versos. A esta seguirán outras edicións cada vez máis extensas ata a versión definitiva do [[1961]], trala morte do escritor.
 
De todos os xeitos, o recoñecemento oficial por parte da crítica e dos novos escritores non chegará ata [[1928]], cando a revista Solaria lle adica un monográfico.
 
Como xudeu, Saba é vítima das leis raciais fascistas e así no 1938 vese obrigado a ceder a librería a un empregado e a emigrar a [[París]]. Cando comeza a [[Segunda Guerra Mundial]] volta a [[Italia]], primeiro a [[Roma]] e despois a [[Florencia]], onde se esconde e sobrevive en condicións precarias, axudado polo seu amigo o poeta Eugenio Montale.
 
 
Rematada a guerra trasládase a Milán onde colabora durante uns dez anos no xornal [[Il Corriere della Sera]]. Neste tempo publica novas edicións do Canzoniere, así como a obra en prosa Scorciatoie e raccontini. É xa un escritor famoso e recibe numerosos premios e recoñecementos como o [[Premio Viareggio]] no [[1946]].
 
Os seus problemas nerviosos van a máis, polo que no [[1955]] decide internarse nunha clínica en Gorizia, onde morre o 25 de agosto de 1957, cando estaba traballando na súa novela Ernesto. Esta obra inconclusa, de carácter autobiográfico, narra a iniciación ao amor homosexual dun mozo triestino e será publicada no [[1975]], por vontade da súa filla.
 
{{Control de autoridades}}