Cayetano Gil Taboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Cayetano Gil Taboada''', nado en [[Barcia, Lalín|Barcia]] ([[Lalín]]) o [[7 de agosto]] do [[1688]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[12 de maio]] do [[1751]], foi [[bispo]] da [[diocese de Lugo]] entre [[1736]] e [[1745]] e [[arcebispo]] da [[arquidiocese de Santiago de Compostela]] dende [[1745]] ata o seu pasamento.
 
== Traxectoria ==
Afillado de [[Felipe Antonio Gil Taboada]], que o apoiou na súa carreira relixiosa. Estudou [[Filosofía]] en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e [[Valladolid]]. Foi reitor do [[Universidade de Santiago de Compostela|Colexio Maior de Fonseca]] en [[1713]], catro anos despois de doutorarse.

En [[1718]] foi nomeado provisor e gobernador eclesiástico e en [[1725]], cóengo e inquisidor de [[Sevilla]]. Trasladado a Compostela, foi inquisidor e administrador do Real Hospital. En [[1736]] foi nomeado bispo de Lugo, onde rematou o edificio do bispado, que exhibe os seus escudos na fachada. En [[1745]] foi arcebispo de Santiago, durante o seu mandato construíuse a [[fachada do Obradoiro]], na que está o seu escudo.
 
== Véxase tamén ==