Furano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 67:
}}
 
O '''furano''' é un [[composto heterocíclico]] [[composto orgánico|orgánico]], que consta dun anel [[aromaticidade|aromático]] de cinco membros con catro átomos de [[carbono]] e un de [[oxíxeno]]. A clase de compostos que conteñen eses aneis tamén se denominan furanos.
 
O furano é un líquido incoloro, inflamable, moi volátil cun [[punto de ebulición]] próximo á temperatura ambiente dunha habitación. É soluble en solventes orgánicos comúns, como o [[alcohol]], [[éter]], e [[acetona]], pero é lixeriramenrte soluble en [[auga]].<ref>{{cite book | author = Hans Dieter Jakubke | author2 = Hans Jeschkeit | title = Concise Encyclopedia of Chemistry | publisher = Walter de Gruyter | isbn = 0-89925-457-8| pages = 001–1201 | year = 1994}}</ref> É un composto [[tóxico]] e pode ser [[carcinóxeno]] para os humanos. O furano utilízase como material inicial para a obtención de compostos químicos especializados.<ref name="ullmann" />