National Audubon Society: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 122:
En 2011, Audubon creou un novo modelo para situar as [[liña de alta tensión|liñas de alta tensión]] ao longo da costa leste de EUA para axudar a preservar as aves e os hábitats silvestres. O presidente de Audubon [[David Yarnold]] fixo das localizacións amigables co medio ambiente de [[enerxía renovable|enerxías renovables]] unha das maiores prioridades da organización.
 
Audubon foi un importante instrumento no rescate de aves nas zonas húmidas da costa do [[Golfo de México]] na vertedura de petróleo de 2010 da compañía [[British Petroleum|BP]], que foi a maior vertedura de petróleo accidental no mar na historia da [[industria do petróleo]]. Audubon recrutou uns 34.000 voluntarios para axudar no rescate, limpeza e liberación de [[pelicano pardo|pelicanos pardos]] lesionados e outras aves acuáticas. Ademais, Audubon foi líder en impulsar a lexislación para usar as sancións impostas a BP para reconstruír os exosistemas[[ecosistema]]s na costa do Golfo.
 
As iniciativas costeiras en Luisiana e río Mississippi de Audubon axudaron a restaurar as zonas húmidas costeiras e reconstruír as marismas do delta do Mississippi. O delta do Mississippi perde un área do tamaño de [[Manhattan]] cada ano erosionada polo mar, destruíndo as proteccións costeiras, o que afecta tanto ás comunidades humanas coma aos hábitats de vida silvestre.