National Audubon Society: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
Ao longo das décadas de 1960 e 1970, a sociedade empezou a usar a súa influencia para enfocar a atención nunha ampla variedade de asuntos ambientais e implicouse no desenvolvemento de importantes novas políticas de protección ambiental e leis. O equipo e membros de Audubon axudaron aos lexistalores a aprobar a Clean Air Act (Lei do Aire Limpo de Estados Unidos para controlar a contaminación atmosférica), a Clean Water Act (Lei da Auga Limpa), a National Wild and Scenic River Act (Lei de Ríos Pintorescos e Silvestres Nacionais), e a Endangered Species Act (Lei de Especies en Perigo). En 1969 a sociedade abriu unha oficina en Washington, D.C., nun esforzo por manter aos lexisladores informados sobre as prioridades de Audubon.
 
Na década de 1970, Audubón ampliou a súa acción a intereses globais. Unha área na que estivo activamente implicada foi a caza das [[baleas]]. Só entre 1973 e 1974, a pouco regulada industria baleeira cazara 30.000 baleas. Pero en 1985, despois da 37ª xuntanza anual da [[Comisión Baleeira Internacional]] celebrada en Bournemouth, Inglaterra, á que asistiron funcionarios da National Audubon Society e outras organizacións ambientalistas, estableceuse unha moratoria mundial sobre a caza das baleas. Esta moratoria tivo tanto éxito en recuperar as poboacións de moitas especies de baleas, que os "usos non consuntivos das baleas" poden permitirse outra vez en certas áreas.
 
=== Programas especiais na televisión ===