Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Himno: letra
Xas (conversa | contribucións)
m engado imaxes
Liña 6:
 
== Actividade ==
[[Ficheiro:Acto agrario en Ribadumia 1913.jpg|miniatura|250px|Acto agrario en Ribadumia, 1913.]]
O programa de mitins de Acción Gallega iniciouse por terras de [[Meira]] e foron Basilio Álvarez, Prudencio Canitrot, Cánovas Cervantes e Rafael Carvajal, os oradores principais. As [[Eleccións Xerais 1910 en España|eleccións de deputados ás Cortes españolas de 1910]] permitiulles participar na campaña activamente presentando tres candidatos: Rafael Carvajal, polo distrito de [[Mondoñedo]]; Alfredo Vicenti, polo de [[Becerreá]], e Manuel Portela Valladares, polo da [[Fonsagrada]]. O éxito foi resoante no de Portela Valladares e só as trampas dos caciques impediron o triunfo de Vicenti. Acción Gallega contou, deste xeito, cun deputado en Cortes.
 
Liña 13 ⟶ 14:
 
En agosto de 1912 apareceu o ''"Manifesto de Ourense"'' <ref>Pode consultarse na revista ''Suevia'' nº 4, do 12 de abril de 1913, px. 6 [http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=242].</ref>, onde a Liga de Acción Gallega se comprometía nunha campaña de mitins, de carácter agrario e societario, a recoller as aspiracións do campesiñado e facerllas chegar ao Goberno. O programa de mitins, dunha radicalidade verbal sen precedentes nas terras galegas, iniciouse no [[O Carballiño|Carballiño]], continuou en [[Ribadavia]], [[Gondomar]], [[Ourense]], [[Bande]], [[A Estrada]], etc. As terras pontevedresas e ourensás na súa meirande parte escoitaron ese ton, abertamente rebelde e ata revolucionario dos oradores de Acción Gallega, e especialmente de Basilio Álvarez, que fixo que en Madrid temesen coa posibilidade dun estalido revolucionario en Galiza. Poetas como [[Ramón Cabanillas]] e [[Noriega Varela]] puxeron versos, e en galego, das imaxes de Basilio Álvarez, cantando á revolución inminente.
[[Ficheiro:Mitin en Ourense contra a administración provincial 1913.jpg|miniatura|200px|Mitin en Ourense contra a administración provincial, 1913.]]
 
Inicialmente, a publicación ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' foi o portavoz escrito deste radicalizado movemento agrarista. Pero por mor de dificultades, no período máis acedo da campaña, contou Acción Gallega cun diario, ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en Ourense.