Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Tagging 2 dead links using Checklinks
Liña 10:
{{cita|"''¿Quen é ese para que o visite tan grande multitude de cristiáns? ¿Quen é ese personaxe tan grande e ilustre para que os cristiáns se dirixan a el para facer oración, desde detrás dos Pireneos e desde máis lonxe? É tan grande a multitude dos que van e volven, que cáseque non deixa libre a calzada cara a Occidente''".|López Pereira, px. 36.}}

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola [[UNESCO]] [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1993]],<ref>[http://whc.unesco.org/en/list/669 Route of Santiago de Compostela] unesco.org {{Vl}}.</ref> ampliado ás rutas francesas en [[1998]].<ref>[http://whc.unesco.org/en/list/868 Routes of Santiago de Compostela in France] unesco.org.</ref> Tamén fora declarado eno 23 de o utubro de [[19821987]] "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo [[Consello de Europa]]<ref>[http://flalanda.blogspot.com.es/2011/12/declaracion-del-camino-de-santiago-como_22.html{{cita "Declaraciónpublicación delperiódica|título=Interesses Caminoculturais e âmbitos receptivos em dous romances sobre o Caminho de Santiago: comoFrechas Primerde Itinerarioouro Culturale Europeo"]O {{Esenigma de compostela|lingua=pt|apelidos=Torres Feijó|nome=Elías J.|data=2012|revista=Romance Notes|volume=52|número=2|páxinas=135-149}}.</ref><ref>[http://cultura.dpz.es/es/arte-en-la-provincia/conjuntos-monumentales/camino-de-santiago/gran-itinerario-cultural-europeo/id/574 "Gran itinerario cultural europeo"] Diputación de Zaragoza {{Es}}.</ref> e está recoñecido como a ''Rúa Maior de Europa''.<ref>[http://www.amigosdelcamino.com/index.php?option=com_content&view=article&id=79%3Ala-calle-mayor-de-europa&catid=62%3Ahemeroteca&Itemid=115&lang=gl]</ref>

== O Camiño no ''Códice Calixtino'' ==
Liña 92:

=== 1ª etapa: [[Saint Jean Pied de Port]] - [[Roncesvalles]] ===
Saint Jean Pied de Port - Huntto - Orisson - Ibañeta - Roncesvalles
[[Ficheiro:Mort de Roland.jpg|miniatura|250px|Morte de Roldán.]]
O Camiño comeza sobre a ponte medieval do río Nive, en Saint Jean Pied de Port. Esta cidade foi fundada no século XII e pertenceu ó [[Reino de Navarra]] ata finais do XVI en que pasou a mans francesas.
Liña 106:
=== 2ª etapa: Roncesvalles - [[Zubiri, Navarra|Zubiri]] ===
[[Ficheiro:2012 Roncesvalles 36 Cruz de los Peregrinos.JPG|miniatura|Cruceiro de Roncesvalles.]]
Roncesvalles - Burguete - Espinal - Bizkarreta - Lintzoain - Venta del Puerto - Zubiri

A pouco de saír de Roncesvalles pode verse un [[cruceiro]] gótico que foi colocado aquí en [[1880]].
Liña 115:

=== 3ª etapa: Zubiri - [[Pamplona]] ===
Zubiri - Ilarratz - Eskirotz - Larrasoaña - Akerreta - Zuriain - Irotz - Arleta - Arre - Villava - Burlada - Pamplona

Desde Zubiri, o Camiño segue o curso do río Arga ata Pamplona, atravesando primeiro todo o val de [[Esteríbar]].
Liña 131:
=== 4ª etapa: Pamplona - [[Puente la Reina]] ===
[[Ficheiro:Image-Alto del perdon.jpg|miniatura|Alto do Perdón.]]
Pamplona - Cizur Menor - Zariquiegui - Uterga - Muruzábal - Obanos - Puente la Reina

Tras atravesar Pamplona, o Camiño segue pola ponte de Acella, sobre o río Sadar. Cruza [[Cizur Menor]] (Cizur Maior queda desviado á dereita da ruta), que tivo hospital de peregrinos <ref>"''Con seis camas paradas onde durman e sexan recollidos os pobres peregrinos''", en documentos de 1508.</ref>, e pasa onda a balsa de Guenduláin, antigo señorío hoxe deshabitado que conserva o palacio dos condes de Guenduláin.
Liña 137:
Tras [[Zariquiegui]] (coa igrexa románica de Santo André) a ascensión alcanza a fonte de Gambellacos ou, popularmente, ''de la Reniega''. Segundo a lenda, un peregrino, esgotado e sedento, foi tentado neste mesmo lugar polo demo que se lle apareceu en forma de camiñante: indicaríalle onde había unha fonte agochada se renegaba de [[Deus]], da [[Virxe María|Virxe]] e de [[Santiago o Maior|Santiago]]. O peregrino negouse e comezou a rezar ata que o demo cansou e marchou. Nese momento aparecéuselle Santiago que o levou á fonte na que lle deu a beber nunha cuncha de vieira ata saciar a sede e descansar.

O Camiño segue ascendendo ata o Alto do Perdón (750 m de altitude), entre a conca de Pamplona e a comarca de Valdizarbe. Neste alto instalouse en [[1996]] un monumento ós peregrinos, obra de Vicente Galbete. Representa unha caravana de peregrinos a pé e a cabalo que recolle a evolución histórica da peregrinación a Santiago. Un rótulo di así: "''Donde se cruza el camino del viento con el de las estrellas''" <ref>[{{Cita web|url=http://www.diariodenavarra.es/20070218/especiales/rincones-singulares/el-puerto-perdon.html?val=0&sec=20070218 |título=El Puerto del Perdon] (DiariodenavarraPerdón|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110914162723/http://www.diariodenavarra.es)/20070218/especiales/rincones-singulares/el-puerto-perdon.html?val=0&sec=20070218|data-arquivo=14 (consultadode osetembro 11.01de 2011|urlmorta=si|apelidos=Perales|nome=José A.|páxina-web=Diario de Navarra|data-acceso=11 de xaneiro de 2014)|lingua=es}}</ref>.

Tras [[Uterga]] e [[Muruzábal]] (cunha igrexa coa imaxe de Santiago peregrino nun retablo) xorde unha desviación ó sur que leva á ermida de Santa María de [[Eunate]], igrexa románica do XII, de planta octogonal <ref>Suponse que foi hospital e cemiterio de peregrinos: nas tumbas que hai na igrexa atopáronse vieiras.</ref>. Desde Eunate, o peregrino pode volver sobre os seus pasos para regresar ó Camiño ou enlazar co Camiño Aragonés que o levará a Obanos.
Liña 149:
=== 5ª etapa: Puente la Reina - [[Estella]] ===
[[Ficheiro:Puerta-barrio-judio.jpg|miniatura|Porta do barrio xudeu de Estella.]]
Puente la Reina - Mañeru - Cirauqui - Lorca - Villatuerta - Estella

O peregrino comeza a xornada cruzando a ponte e seguindo o curso do río Arga. Tras pasar por [[Mañeru]], que pertenceu ós Templarios, chégase a [[Cirauqui]], con restos da súa antiga muralla. En Cirauqui pódese ver o templo de San Román e a igrexa de Santa Catalina, ambas góticas.
Liña 166:
=== 6ª etapa: Estella - [[Los Arcos]] ===
[[Ficheiro:Los Arcos - Iglesia Sta Maria - tallas en la nave 3.jpg|miniatura|200px|Santiago peregrino na igrexa de Santa María (Los Arcos).]]
Estella - Ayegui - Iratxe - Ázqueta - Villamayor de Monjardín - Cabana de Moriones - Los Arcos

En [[Iratxe]], o Camiño pasa onda o mosteiro de Iratxe, dedicado a Nosa Señora a Real, do século XI, onde se fundou o primeiro hospital de peregrinos de Navarra cara a [[1051]]-[[1054]]. O mosteiro, que albergou universidade no século XVI, está hoxe sostido polos Padres Escolapios. Tamén se atopa aquí a ''Fonte do Viño'', na que unha adega ofrece ós peregrinos auga e, desde [[1991]], viño.
Liña 175:

=== 7ª etapa: Los Arcos - [[Viana, Navarra|Viana]] ===
Los Arcos - Sansol - Torres del Río - Bargota - Viana

Nunha etapa que discorre á beira da estrada, [[Sansol]], topónimo derivado de San Zoilo, titular da parroquia, dá paso, a 1 km, a [[Torres del Río]] ("''Pola localidade chamada Torres, en terras navarras, pasa un río mortífero para os animais e as persoas que beben del''"), coa igrexa do Santo Sepulcro, románica do XII e de planta octogonal. Posúe unha alta torre que puido servir de faro para orientación dos peregrinos. Consta a doazón a Irache en [[1109]] dun mosteiro en Torres, da man de Jimeno Galíndez.
Liña 186:
=== 8ª etapa: Viana - [[Navarrete]] ===
[[Ficheiro:Logroño - Catedral 05.jpg|miniatura|200px|Fachada da Catedral de Santa María la Redonda.]]
Viana - Logroño - Navarrete

Tras deixar Viana, a uns 5 km de marcha, o Camiño entra na comunidade e provincia da [[A Rioxa|Rioxa]]. O peregrino Künig de Vach escribiría en [[1496]] que "''Aquí coñecerás outra moeda, acabarás alí os coronados e tes que aprender a coñecer os malmedís <ref>Coroas e marabedís, respectivamente.</ref>''"). Pasa xunto ó outeiro de Cantabria, onde hai uns interesantes restos arqueolóxicos dunha cidade romana derruída polos godos en [[574]]. Ó pouco chega a [[Logroño]], onde entra pola ''ponte de pedra'' sobre o [[río Ebro]], construída no XIX sobre as ruínas doutra que se atribúe ós santos benefactores do Camiño Santo Domingo da Calzada e San Juan de Ortega <ref>Segundo Valiñas houbo unha ponte primeira, citada no foro de Logroño de [[1095]], sobre a que Juan de Ortega levantou outra, de 12 arcos, e sobra a que se construíu a actual, en 1884, de sete arcos e 198 m de lonxitude.</ref>.
Liña 201:
=== 9ª etapa: Navarrete - [[Nájera]] ===
[[Ficheiro:Monasterio de Santa María la Real de Nájera (La Rioja) (3198308161) (2).jpg|miniatura|Sepulcro de Blanca de Navarra, no panteón de Santa María a Real (Nájera).]]
Navarrete - Sotés - Ventosa - Nájera

A partir de Navarrete, o Camiño segue primeiro paralelo á autovía A-12, ascendendo pouco a pouco. Tras pasar [[Sotés]], un pouco desviado ó sur da ruta, chega a [[Ventosa, A Rioxa|Ventosa]] <ref>Cunha igrexa dedicada a un bispo francés, San Saturnio de Toulouse.</ref> e de aí segue subindo ata o Alto de San Antón (670 m de altitude, a única dificultade relativa nesta etapa), desde o que se divisa o val do [[río Najerilla]]. No alto están as ruínas do convento de San Antón. Logo pasa polo ''Poyo de Roldán'', onde se supón que se enfrontaron [[Roldán]] e o xigante Ferragut, que, tras vencer a once dos doce pares de Carlomagno, foi vencido por Roldán tras varios días de duro combate <ref>Ferragut, xigante sirio, descendente de Goliat e máis forte ca este, aparece citado no "Libro IV — Conquistas de Carlomagno" do ''Códice Calixtino'' protexendo a cidade de Nájera ata ser derrotado por Roldán. Véxase ''Historia de Carlo-Magno y de los doce pares de Francia'' ([http://biblioteca.cchs.csic.es/digitalizacion_tnt/pdfs/P_000784990_000784990000001_V00.pdf Biblioteca CSIC]).</ref>.
Liña 211:
=== 10ª etapa: Nájera - [[Santo Domingo de la Calzada]] ===
[[Ficheiro:Santo Domingo de la Calzada.jpg|miniatura|Monumento ó Camiño de Santiago, en Santo Domingo.]]
Nájera - Azofra - Ciriñuela - Cirueña - Santo Domingo de la Calzada

A case 6 km de Nájera, o Camiño chega a [[Azofra]], pequena vila que xorde ás beiras do Camiño, onde xa en [[1168]] existía un hospital e cemiterio de peregrinos; aínda hoxe hai, á saída do lugar, unha ''Fuente de los Romeiros'' <ref>En Azofra, o peregrino pode desviarse uns quilómetros para visitar os mosterios de [[San Millán de la Cogolla]] (de San Millán de Suso ou de arriba e de San Millán de Yuso ou de abaixo), onde algún monxe escribiu a finais do século X ou principios do XI as ''[[Glosas Emilianenses]]'', anotacións en éuscaro e castelán -romance- escritas na marxe do texto latino, polo que se considera o berce da [[lingua castelá]]. Tamén, próximo a Azofra está [[Cañas]], onde naceu [[Domingo de Silos|Santo Domingo de Silos]] (1000-1075) e onde pode visitarse o Mosteiro de Santa María de San Salvador.</ref>. Na igrexa de Nosa Señora dos Anxos pode observarse unha imaxe de Santiago Peregrino. Pouco máis adiante pasa xunto unha [[picota]] ou ''rollo'' de mediados do XVI <ref>A ''picota'' era un monumento característico de Castela e León, pero tamén presente noutras áreas, no que se ataban os condenados pola xustiza civil para vergonza pública ou se expoñía a cabeza ou o corpo dos axustizados.</ref>.
Liña 229:
=== 11ª etapa: Santo Domingo de la Calzada - [[Belorado]] ===
[[Ficheiro:Pila bautismal.jpg|miniatura|Pía bautismal románica de Redecilla del Camino.]]
Santo Domingo de la Calzada - Grañón - Redecilla del Camino - Castildelgado - Viloria de Rioja - Villamayor del Río - Belorado

O peregrino sae de Santo Domingo pola ponte sobre o río Oja e segue paralelo á estrada nacional N-120. Axiña pasa ante a ''Cruz dos Valentes'', lugar onde se celebrou un Xuízo de Deus entre as aldeas de Santo Domingo e o de Grañón, coa vitoria do representante deste último. Ó pouco chega a [[Grañón]], fronteira en tempos entre o [[Reino de Navarra]] e o [[Condado de Castela]]. En Grañon deixa, xunto ó Camiño, a ermida dos Xudeus, cun cruceiro no seu interior datado en [[1536]]; no século XI existían os mosteiros de San Tomé e San Miguel e un hospital de peregrinos.
Liña 243:
=== 12ª etapa: Belorado - [[San Juan de Ortega]] ===
[[Ficheiro:Monastère San Juan Ortega.jpg|miniatura|250px|Mosteiro de San Juan de Ortega.]]
Belorado - Tosantos - Villambistia - Espinosa del Camino - Villafranca Montes de Oca - San Juan de Ortega
[[Ficheiro:Monasterio de San Juan de Ortega (Burgos) Capitel románico s. XII del ciclo de la Natividad.JPG|miniatura|esquerda|Capiteis da capela de San Nicolás.]]
O Camiño sae de Belorado pola ponte do [[río Tritón]]. En [[Villambistia]] está a igrexa de Santo Estevo, do XVII.
Liña 261:
=== 13ª etapa: San Juan de Ortega - [[Burgos]] ===
[[Ficheiro:Burgos Cathedral 01.jpg|miniatura|Catedral de Burgos.]]
San Juan de Ortega - Agés - Atapuerca - Villalval - Cardeñuela Riopico - Orbaneja Riopico - Castañares - Burgos
Elías Valiña describe tres posibles vías para facer esta etapa. Unha baixa cara ao sur a Santovenia e Zalduendo (onde segue cara a Burgos coa variante que vimos na etapa anterior); outra sobe ó norte por Colina, Olmos de Atapuerca, Rubena e Villafría -hoxe un barrio de Burgos- e Burgos <ref>Este tramo percorre un contorno industrial e fortemente urbanizado, polo que non adoita ser seguida polos peregrinos.</ref>; e unha terceira que é a seguida por Picaud por Agés, Atapuerca, Cardeñuela e Villafría.

Liña 277:

=== 14ª etapa: Burgos - [[Hornillos del Camino]] ===
Burgos - Villalbilla - Tardajos - Rabé de las Calzadas - Hornillos del Camino

O peregrino deixa Burgos tras cruzar o río Arlanzón pola Ponte dos Malatos (denominación antiga dos leprosos) e pasando onda o Hospital del Rey <ref>Fundado polo rei [[Afonso VIII de Castela]] en [[1195]], foi un gran centro de acollida de peregrinos, dependente do Mosteiro de las Huelgas. A porta de entrada denomínase ''Puerta de Romeros'', e ó seu carón estivo o cemiterio onde se enterraba os peregrinos.</ref>.
Liña 289:
=== 15ª etapa: Hornillos del Camino - [[Castrojeriz]] ===
[[Ficheiro:Ruinas del convento de San Anton en Castrojeriz.jpg|miniatura|esquerda|Ruínas do convento do Santo Antón.]]
Hornillos del Camino - Hontanas - Castrojeriz

Tras cruzar o rego San Bol, o Camiño chega a [[Hontanas]] (''Fontana''), onde cómpre ver a igrexa da [[Inmaculada Concepción|Inmaculada]], gótica e moi modificada, e o hospital de San Xoán. De Hontanas é a seguinte descrición dun peregrino do século XVII:
Liña 299:
=== 16ª etapa: Castrojeriz - [[Frómista]] ===
[[Ficheiro:Boadilla del Camino.jpg|miniatura|250px|Picota de Boadilla del Camino.]]
Castrojeriz - Itero del Castillo - Itero de la Vega - Boadilla del Camino - Frómista

Comeza esta etapa do Camiño, tras cruzar o río Odra ou Odrilla, cun lento e prolongado ascenso ata o Alto de Mostelares (917 m), no que entra en [[Terra de Campos]], o ''graneiro de España'', caracterizada pola súa [[topografía]] plana e uniforme. Deste Mostelares comeza o descenso cara a [[Itero del Castillo]], última vila do Camiño na provincia de Burgos, onde cruza o [[río Pisuerga]] sobre a Ponte Fitero (''Pons Fiterie'', no ''Calixtino'') ou Ponte da Mula. A ponte actual levantouse sobre outra anterior de finais do XI da que non se conservan restos. O topónimo lembra tanto a propia ponte como o feito de estar alí o fito que marcaba os límites occidentais de Castela: era o Pisuerga a fronteira natural entre Castela e León. Ó pé da ponte houbo hospital de peregrinos e un mosteiro.
Liña 313:
=== 17ª etapa: Frómista - [[Carrión de los Condes]] ===
[[Ficheiro:SantiagoMatamoros.jpg|miniatura|Estatua de Santiago ''matamouros'' na igrexa de Santiago, en Carrión.]]
Frómista - Población de Campos - Revenga de Campos - Villarmentero de Campos - Villalcázar de Sirga - Carrión de los Condes

En [[Población de Campos]] estivo o hospital de San Xoán, do que hoxe non quedan vestixios <ref>Hai unha ruta alternativa que vai desde Población, beireando o río Uceza, por Villovieco ata Villalcázar, pasando antes pola ermida ''de la Salud''. En Villovieco está a igrexa de Santa María, cun retablo con motivos xacobeos e, entre eles, a batalla de Clavijo.</ref>. Tras cruzar o río Uceza, o Camiño segue o seu leito durante un bo pedazo, pasando por [[Revenga de Campos]], coa igrexa de San Lourenzo, e [[Villarmentero de Campos]], coa igrexa de San Martiño de Tours.
Liña 323:

=== 18ª etapa: Carrión de los Condes - [[Ledigos]] ===
Carrión de los Condes - Calzadilla de la Cueza - Ledigos
[[Ficheiro:Ledigos, Palencia.JPG|miniatura|esquerda|Ledigos.]]
O Camiño continúa agora entre a autovía A-231 e a nacional N-120. Ó pouco de saír de Carrión pasa xunto á abadía de Santa María de Benevívere, fundada en [[1169]] e practicamente derruída trala [[desamortización]] de Mendizábal. Logo cruza a calzada romana XXXIV, prolongación da Vía Aquitania que unía [[Bordeos]] con [[Astorga]] pasando por Pamplona, [[Briviesca]] e [[Palencia]]; e coincide durante un breve traxecto coa Cañada Real Leonesa, unha das diversas rutas que os pastores [[trashumancia|trashumantes]] utilizaban para levar os seus rabaños desde os campos de León a [[Estremadura]], e viceversa.
Liña 333:
=== 19ª etapa: Ledigos - [[Sahagún, León|Sahagún]] ===
[[Ficheiro:Sahagun - Iglesia de San Tirso 06.JPG|miniatura|Igrexa mudéxar de San Tirso, en Sahagún.]]
Ledigos - Terradillos de los Templarios - Moratinos - San Nicolás del Real Camino - Sahagún

O itinerario nesta etapa segue coincidindo coa autovía A-231 (Autovía do Camiño de Santiago) aínda que hai outras rutas alternativas, non urbanizadas, que acceden a [[Terradillos de los Templarios]] ou a [[Moratinos]]. Por calquera delas atravesa estas localidades, visitando nesta segunda a igrexa de San Tomé de Aquino, do XVI, e percorrendo a rúa Real ou ''Calzada francesa'', en clara alusión á orixe xacobea da vila. Posteriormente pasa por [[San Nicolás del Real Camino]], onde houbo un [[lazareto]] documentado en [[1198]].
Liña 348:

=== 20ª etapa: Sahagún - [[El Burgo Ranero]] ===
Sahagún - Bercianos del Real Camino - El Burgo Ranero

Sáese de Sahagún cruzando o [[río Cea]] pola ''Puente Canto'', onde estivo o mosteiro dos [[Santos Facundo e Primitivo]], orixe da cidade que foi nacendo ó seu redor.
Liña 360:
=== 21ª etapa: El Burgo Ranero - [[Mansilla de las Mulas]] ===
[[Ficheiro:Santiago Museo das Peregrinacións 03-20a.JPG|miniatura|250px|Libro de peregrinación a Santiago escrito polo xaponés Munehiro Ikeda en 1983-1986. Detalle do seu paso por Mansilla de las Mulas.]]
El Burgo Ranero - Reliegos - Mansilla de las Mulas

Tras 13 km de andadura, coa única novidade do rego Valdeasneros e o lugar de Villamarco, un pouco apartado ó sur, alcánzase [[Reliegos]], a ''Pallantia'' romana <ref>Non confundir coa actual Palencia.</ref>, e, 6 km despois, chégase a Mansilla de las Mulas (''Manxilla'', no ''Calixtino''), localidade que aínda conserva boa parte das murallas que a protexían coas súas catro portas.
Liña 370:
=== 22ª etapa: Mansilla de las Mulas - [[León, España|León]] ===
[[Ficheiro:Pulchra Leonina.jpg|miniatura|Catedral de León.]]
Mansilla de las Mulas - Villamoros de Mansilla - Puente Villarente - Arcahueja - Puente Castro - Léon

O Camiño deixa Mansilla cruzando o [[río Esla]] (''Astura''), o afluente máis caudaloso do [[río Douro]] <ref>De feito, cando desemboca neste, leva máis caudal que o propio Douro, e de aí o tradicional dito "''El Esla lleva el agua y el Duero la fama''", análogo ao que se di do Pisuerga respecto ó Douro, ou do Sil e o Miño.</ref> e ata chegar a León seguirá a beiravía da nacional N-601. Ó pouco chega a [[Villamoros de Mansilla]] (ou ''Villamoros del Camino Francés'') pero antes cómpre indicar que unha desviación ó norte leva ata o mosteiro de [[San Miguel de Escalada]], templo [[arte mozárabe|mozárabe]] fundado o ano [[913]] sobre os restos doutro anterior [[visigodo|visigótico]].
Liña 384:

=== 23ª etapa: León - [[Villadangos del Páramo]] ===
Léon - Trobajo del Camino - La Virgen del Camino - Valverde de la Virgen - San Miguel del Camino - Villadangos del Páramo
[[Ficheiro:La Virgen del Camino 01-02k.JPG|miniatura|esquerda|Estatuas dos apóstolos Santiago (co corpo cuberto de cunchas de vieira) e Xoán, na fachada da Basílica de La Virgen del Camino (León).]]
O peregrino deixa León pola ponte medieval de San Marcos sobre o Órbigo e comeza un primeiro tramo desta etapa moi incómodo porque durante máis de 8 km se ve obrigado a atravesar un contorno totalmente urbanizado: a propia cidade e mais [[Trobajo del Camino]] (concello propio, hoxe xa unido a León), primeiro, e un polígono industrial, despois. Aínda así, neste tramo pasa por unha ''Calle de los Peregrinos'', ó pé dunha ermida de Santiago, reconstruída en [[1777]] sobre outra anterior antiga e xunto ó fuste dun vello cruceiro que perdeu a cruz.
Liña 398:
=== 24ª etapa: Villadangos del Páramo - [[Astorga]] ===
[[Ficheiro:Puente del Paso Honroso en Hospital de Orbigo.jpg|miniatura|A ponte do ''Passo Honroso'', en Puente de Órbigo.]]
Villadangos del Páramo - San Martín del Camino - Puente de Órbigo - Hospital de Órbigo - Villares de Órbigo - Sanibáñez de Valdeiglesias - Astorga

A presente etapa segue un curso paralelo á autoestrada AP-71, de León a Astorga, e a Nacional N-120.
Liña 414:
=== 25ª etapa: Astorga - [[Rabanal del Camino]] ===
[[Ficheiro:Rabanal del camino 2012.jpg|miniatura|250px|A senda do peregrino segue paralela á estrada.]]
Astorga - Valdeviejas - Murias de Rechivaldo - Santa Catalina de Somoza - El Ganso - Rabanal del Camino

Na presente etapa o peregrino comeza unha leve pero continua ascensión, desde Astorga (870 m) ata Rabanal (1.153 m).
Liña 430:
=== 26ª etapa: Rabanal del Camino - [[Molinaseca]] ===
[[Ficheiro:Cruz de Ferro.jpg|miniatura|A Cruz de Ferro.]]
Rabanal del Camino - Foncebadón - Manjarín - El Acebo - Riego de Ambrós - Molinaseca

O Camiño continúa acompañando a estrada LE-142. Tras un primeiro tramo no que segue a ascensión da etapa anterior, ata Manjarín (1430 m), vén logo un forte descenso que se manterá ata chegar a Molinaseca (580 m), o que castiga seriamente as pernas do peregrino.
Liña 446:
=== 27ª etapa: Molinaseca - [[Vilafranca do Bierzo]] ===
[[Ficheiro:Ponferrada 18072010 285r.jpg|miniatura|250px|Un grupo de peregrinos avanza fronte ó Castelo dos Templarios de Ponferrada.]]
Molinaseca - Campo - Ponferrada - Compostilla - Columbrianos - Fuentes Nuevas - Camponaraya - Cacabelos - Pieros - Vilafranca do Bierzo
[[Ficheiro:Villafranca del Bierzo - Iglesia de Santiago 2.jpg|miniatura|esquerda|Porta do Perdón, na igrexa de Santiago en Vilafranca.]]
Despois de Molinaseca, o Camiño bifúrcase nas chamadas Ruta do Paso da Barca e a Ruta de Campo. A primeira, que segundo Elías Valiña tamén chaman ''Camino de los gallegos'', segue a estrada e cruzaba o río Boeza por unha ponte romana afundida no XVIII e reconstruída no XIX. Próximo a este lugar, ''Paso da Barca'', houbo hospital, ermida e convento agustino.
Liña 462:
=== 28ª etapa: Vilafranca do Bierzo - [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|O Cebreiro]] ===
[[Ficheiro:Igrexa de Santa María a Real, Pedrafita do Cebreiro.jpg|miniatura|Santuario de Santa María a Real do Cebreiro.]]
Vilafranca do Bierzo - Pereje - Trabadelo - La Portela de Valcarce - Ambasmestas - Vega de Valcarce - Ruitelán - Las Herrerías - La Faba - Laguna de Castilla - O Cebreiro
[[Ficheiro:Cáliz y Patena del Cebreiro.jpg|miniatura|esquerda|O Santo Graal, no Cebreiro.]]
A última etapa do Camiño en terras leonesas é longa (28 km) e dura, cun brusco ascenso a partir de Las Herrerías, con 687 metros de altitude, ata O Cebreiro, con 1.296 m. Ademais segue en boa parte un carril peonil pegado á autovía A-6 e á nacional N-VI. En conxunto, segue o leito do [[río Valcarce]] e o val do mesmo nome.
Liña 481:
[[Ficheiro:Alto san roque2009.jpg|miniatura|Monumento ó peregrino no Alto de San Roque, obra de José María Acuña.]]
=== 29ª etapa: O Cebreiro - [[Triacastela]] ===
O Cebreiro - Liñares - Hospital - Padornelo - Fonfría - O Biduedo - Fillobal - Pasantes - Ramil - Triacastela

Por fin, o peregrino intérnase por [[Galicia|terras galegas]], aínda con 151 km por diante ata rematar o Camiño en Santiago. O itinerario histórico segue, en certos tramos, pegado á estrada LU-633. No século XVI abriuse unha vía alternativa por Lugo, dadas as dificultades do Camiño nos Ancares e a penosa situación daquela do hospital de Cebreiro; esta ruta transcorría por La Faba, [[Doncos, As Nogais|Doncos]], [[Becerreá]], [[Bóveda]] e [[Lugo]], para conectar co Camiño francés en Palas de Rei.
Liña 497:
=== 30ª etapa: Triacastela - [[Sarria]] ===
[[Ficheiro:Triacastela. Galicia (Spain).jpg|miniatura|esquerda|Fito quilométrico do Camiño á altura de Triacastela.]]
Triacastela - A Balsa - San Xil - Montán - Fontearcuda - Furela - Pintín - Calvor - Aguiada - San Mamede - Sarria

Segundo a tradición, os peregrinos collían unha pedra [[calcaria]] ó deixar Triacastela para deixala na Castañeda (Arzúa), onde existiron fornos que a calcinaban para a súa transformación en [[cal]], que se empregaría despois para facer a argamasa coa que se construía a Catedral de Santiago <ref>Así, [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]] escribiría que "''Puede decirse que la argamasa empleada en la fábrica del Templo del Apóstol fue, en buena parte, amasada con el sudor de los peregrinos''" (''Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela'', 1898-1909, vol. III, px. 27).</ref>.
Liña 507:
=== 30ªb Etapa: Triacastela - [[Samos]] - Sarria ===
[[Ficheiro:Mosteiro de San Xulián de Samos 1.jpg|miniatura|250px|Mosteiro de Samos.]]
Triacastela - San Cristovo do Real - Lusío - Vigo do Real - Renche - Freituxe - San Martiño do Real - Samos - Teiguín - Pascais - Perros - Aguiada - San Mamede - Sarria

A ruta alternativa por Samos é máis longa ca anterior pero achega ó peregrino ó monumental mosteiro de Samos. Aínda que non sexa unha ruta ''oficial'' (a Xunta non colocou aquí os indicadores que puntean o Camiño cada 500 metros, desde O Cebreiro ata Santiago), os topónimos co cualificativo ''Do Real'' indican a presenza histórica dos peregrinos.
Liña 519:
=== 31ª etapa: Sarria - [[Portomarín]] ===
[[Ficheiro:Portomarín 01-44c.JPG|miniatura|200px|Estatua de [[Fernando García Blanco]] en Portomarín.]]
Sarria - As Paredes - Vilei - Barbadelo - Rente - Peruscallo - Cortiñas - Lavandeira - A Brea - Morgade - Ferreiros - Mirallos - A Pena - O Couto - As Rozas - Moimentos - Parrocha - Vilachá - Portomarín

Sarria é o punto elixido por moitos peregrinos como o máis próximo a Santiago que permite gañar a ''[[Compostela (certificado)|Compostela]]'' cumprindo a condición de percorrer a pé un mínimo de 100 km. Isto explica que o 20-25% dos peregrinos <ref>O 21,16% en 2012; 21,36% en 2011; 24,94% en 2010; 17,96% en 2009; e 16,66% en 2008, segundo datos da Oficina do Peregrino.</ref> de tódalas orixes que chegan a Santiago comecen o Camiño nesta localidade, o dobre que os que o fan na segunda orixe, Saint Pied de Port <ref>Sarria está a 111 km de Santiago. A ''Compostela'' tamén se podería gañar comezando en Barbadelo (109 km) seguindo o Camiño francés, así como desde [[Ferrol]] ou [[Neda]] se se segue o [[Camiño inglés]], desde [[Vilalba]] ou [[Baamonde, Begonte|Baamonde]] se se segue o [[Camiño do Norte]], desde [[Lugo]] se se segue o [[Camiño Primitivo]] ou desde [[Ourense]] se se segue a [[Ruta da Prata|Vía da Prata]]. Para os ciclistas, a quen se lles pide un percorrido mínimo de 200 km, o inicio da peregrinación debería facerse en Ponferrada.</ref>.
Liña 531:
=== 32ª etapa: Portomarín - [[Palas de Rei]] ===
[[Ficheiro:Un dos motivos centrais da Igrexa de Vilar de Donas.jpg|miniatura|Detalle das pinturas murais da [[Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas]].]]
Portomarín - Gonzar - Castromaior - O Hospital - Vendas de Narón - A Previsa - Os Lameiros - Ligonde - Airexe - Portos - Lestedo - Os Valos - A Mamurria - A Brea - Abenostre - O Rosario - Palas de Rei
[[Ficheiro:Kirche in Palas de Rei.jpg|miniatura|esquerda|Igrexa de San Tirso, en Palas.]]
A etapa segue unha ascensión continua desde Portomarín (387 m) ata os 722 m da serra de Ligonde, que separa os concellos de Portomarín e [[Monterroso]], para logo descender cara a Palas de Rei.
Liña 545:
=== 33ª etapa: Palas de Rei - [[Arzúa]] ===
[[Ficheiro:Melide Galiza 2008-02-07 03.jpg|miniatura|Cruceiro de Melide, o máis antigo de Galicia.]]
Palas de Rei - O Carballal - San Xiao do Camiño - Pallota - A Ponte Campaña - Casanova - Porto de Bois - A Campanilla - O Leboreiro - Furelos - Melide - Santa María de Melide - O Carballal - Parabispo - Boente - A Castañeda - Ribadiso - Arzúa
[[Ficheiro:Igrexa de Santa María de Melide.jpg|miniatura|esquerda|Pinturas en Santa María de Melide.]]
O Camiño entra nunha longa etapa (29 km) que, aínda que teña un perfil practicamente horizontal, se trata dunha sucesión de costas e pendentes que castiga duramente ó peregrino.
Liña 563:
=== 34ª etapa: Arzúa - [[Santiago de Compostela]] ===
[[Ficheiro:Monte do Gozo.JPG|miniatura|Monumento ó Peregrino no Monte do Gozo.]]
Arzúa - As Barrosas - A Peroxa - A Calle de Ferreirós - A Boavista - A Rabiña - Santa Irene - O Pedrouzo - Santo Antón - O Amenal - San Paio - A Lavacolla - Santiago

A última etapa do Camiño é tamén a máis longa, con 40 km, na proposta da ''Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago''. Por iso noutras Guías divídese en dous tramos de 20 km (Arzúa-O Pedrouzo e O Pedrouzo-Santiago); outra posibilidade é achegarse ata o Monte do Gozo e deixar os últimos 5 km para entrar o último día totalmente frescos en Santiago.
Liña 624:
* [http://www.caminosantiago.org/cpperegrino/comun/inicio.asp Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago] {{es}}.
* [[Ficheiro:High-contrast-camera-video.svg|15px]] 50´15´´ [https://www.youtube.com/watch?v=w6S52vnP7HM ''Rutas de España I. El Camino de Santiago''] Historia y Ciencia, publicado o 17/05/2013 {{es}}.

{{Control de autoridades}}