Diferenzas entre revisións de «Canzorro»

m
sen resumo de edición
m
m
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro5.JPG|miniatura|dereita|250px|Canzorro da [[igrexa de San Pedro de Ansemil]]]]
En [[arquitectura]], denomínase '''canzorro''' á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a [[cornixa]] ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladizasen apoio inferior -de calquera material- que soporta os extremos dunha [[cuberta]] ou un [[lintel]].
 
Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a [[cornixa]] aproveitando a propia [[viga]] que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.
19.648

edicións