Abrir o menú principal

Cambios

Unha xunta de goberno rexe a Academia e supervisa tódolos asuntos relativos á súa boa operación, tanto no relacionado co seu funcionamento interno coma coas súas relacións cos organismos do estado, e as demais Academias. Esta xunta é presidida polo director da Academia e está constituída polo vicedirector, o secretario, o censor, o bibliotecario, o tesoureiro, o vicesecretario e dous vogais adxuntos. Todos estes cargos son electivos e, a excepción dos vogais, que se elixen cada dous anos, pódese exercer durante catro anos, prorrogables só unha vez.
 
A Academia funciona en Pleno e en Comisións que se reúnen semanalmente. As Comisións teñen a misión de elabora-las propostas que posteriormente examinará o Pleno para decidir sobre a súa aprobación. Na actualidade existen as seguintes comisións: Delegada do Pleno, de Dicionario usual, de Dicionario histórico, de Gramática, de Información lingüística, de Vocabulario científico e técnico, de Ciencias humanas, de Publicacións e de Premios. Ademais, existe unaunha Comisión encargada da conservación da casa do [[Museo de Lope de Vega]].
 
O Pleno, formado por tódolos académicos, reúnese durante o curso académico os xoves pola tarde. Unha vez aprobada as actas da sesión anterior e de debater calquera tema xeral, os asistentes presentan emendas e adicións ó Dicionario. Acto seguido examínanse as propostas formuladas polas diversas Comisións. As resolucións, no caso de que se produza disparidade de criterio, adóptanse mediante votación.
193.041

edicións