O Bierzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
→‎Linguas: lig int
Liña 55:
A [[lingua galega]] fálase e permítese o seu ensino regulado no occidente do [[Bierzo]], así como na zona zamorana das [[As Portelas|Portelas]], segundo un acordo entre a Consellería de Educación da [[Xunta de Galicia]] e a Consellería de Educación da [[Xunta de Castela e León]]. No curso 2005-06 había 844 alumnos que estudaban o galego en 9 concellos bercianos, a cargo de 47 profesores, e no curso 2008-09 foron máis de 1.000 os alumnos que cursaron galego no Bierzo e [[As Portelas]]. Ademais no [[Estatuto de Autonomía de Castela e León]], no seu artigo 5º, indícase: "Gozarán de respecto e protección a lingua galega e as modalidades lingüísticas nos lugares en que habitualmente se utilicen".
 
Son concellos galegofalantes do Bierzo: [[Barxas, León|Barxas]], [[Borrés]], [[Cacabelos, León|Cacabelos]], [[Candín]], [[Carucedo]], [[Carracedelo]], [[Corullón]], [[Oencia]], [[Ponte de Domingos Flórez]], [[Sobrado, León|Sobrado]], [[Toural dos Vaos]], [[Trabadelo]], [[Valboa, León|Valboa]], [[A Veiga de Valcarce]] e [[Vilafranca do Bierzo]]. Ademais fálase tamén o galego en zonas dos concellos de [[Arganza]], [[Benuza]], [[Camponaraia]], [[Fabeiro]], [[Peranzais]], [[Ponferrada]], [[Priaranza]] e [[A Veiga de Espiñareda]].
 
O ''patsuezu'' é a variante do [[asturleonés]] occidental máis falada no norte do Bierzo. O seu dominio esténdese desde [[Luarca]], en [[Asturias]], ata O Bierzo, e a súa principal característica é a 'ch' representada por ts, tx o l.l, esta última como suxestión da [[Academia da Lingua Asturiana]].