Diferenzas entre revisións de «Heavy metal»

m
sen resumo de edición
m
Os primeiros grupos considerados dentro do heavy metal, como [[Led Zeppelin]], [[Black Sabbath]] e [[Deep Purple]], atraeron grandes audiencias malia ser criticados habitualmente nos medios de comunicación, e a mediados dos anos 1970 [[Judas Priest]] supuxo un estímulo na evolución do xénero ao descartar gran parte da influencia do [[blues]].<ref name="Walser 1993, p. 6">{{Harvnb|Walser|1993|p=6}}</ref><ref>{{Cita libro|apelidos=Bowe|nome=Brian J.|título=Judas Priest: Metal Gods|ISBN=9780766030299|data=2009|editorial=Enslow Publishers, Inc.}}</ref> Outros grupos como [[Motörhead]] introduciron características do [[punk rock]] incrementando o énfase na velocidade e a finais da década de 1970 os grupos da [[Nova Onda do Heavy Metal Británico]] como [[Iron Maiden]] e [[Saxon]] continuaron con esta evolución.
 
Na década de 1980 o [[glam metal]] tivo gran éxito comercial con grupos como [[Mötley Crüe]] e [[Poison]], mentres que nos ámbitos ''[[underground]]'' comezaron a desenvolverse unha serie de estilos máis agresivos. O [[thrash metal]] fíxose popular grazas a grupos como [[Metallica]], [[Megadeth]], [[Slayer]] e [[Anthrax]], aínda que outros [[subxéneros do heavy metal|subxéneros]] máis extremos como o [[death metal]] e o [[black metal]] seguiron unha evolución máis separada das correntes principais. Dende mediados dos anos 1990 comezaron a popularizarse diversos subxéneros que expandiron a definición do xénero. Algúns destes son o [[groove metal]] (exemplificados no grupo [[Pantera]]), influenciado polo [[metal extremo]] e o [[hardcore punk]], e o [[nu metal]] (con grupos como [[Slipknot]], [[Korn]] ou [[Linkin Park]]), que adoita incorporar elementos do [[grunge]] e do [[hip hop]].
 
== Características ==
| style = float:right
}}]]
A base da batería no heavy metal conséguese creando un ritmo constante e ruidoso, no que os medios teñen alcumado "unha serie perfecta de velocidade, poder e precisión".<ref>{{Cita novas|apelidos=Dawson|nome=Michael|url=http://www.moderndrummer.com/site/2006/08/chris-adler/|título=Chris Adler: More than Meets the Eye|revista=Modern Drummer Online|data-acceso=13 de novembro de 2007}}</ref> Polo xeral considérase que a batería no heavy metal require unha cantidade considerable de resistencia, sendo factores chave a velocidade, coordinación e destreza na execución.<ref name=Berry>{{Cita libro|apelidos1=Berry|nome1=Mick|nome2=Jason|apelidos2=Gianni|ano=2003|título=The Drummer's Bible: How to Play Every Drum Style from Afro-Cuban to Zydeco|editorial=See Sharp Press|ISBN=1-884365-32-9|páxina=85}}</ref> Unha técnica característica do heavy metal no tocante á batería e "afogar o prato", que consiste en golpear un [[Prato (instrumento musical)|prato]] para inmediatamente despois agarralo coa man, o que produce un son característico.<ref>{{cita web|url=http://floodwatchmusic.com/blog2/2007/04/02/list-ten-favorite-stylistic-traits-unique-to-metal/|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20090105170936/http://floodwatchmusic.com/blog2/2007/04/02/list-ten-favorite-stylistic-traits-unique-to-metal/|data-arquivo=5 de xaneiro de 2009|data=2 de abril de 2007|páxina-web=Floodwatchmusic|título=List: Ten Favorite Stylistic Traits Unique to Metal|urlmorta=si}}</ref> A configuración da batería é polo xeral máis grande e con máis elementos que nas empregadas noutros xéneros musicais,<ref name=W24/> e moitos dos [[subxéneros do heavy metal|subxéneros]] como o [[black metal]] ou o [[death metal]] empregan amplamente ritmos con dobre [[bombo]] e ''[[blast beat]]s''.<ref>{{cita libro |apelidos=Cope |nome=Andrew L. |data= 2010|título=Black Sabbath and the Rise of Heavy Metal Music|editorial=Ashgate Publishing Ltd. |páxina=130 |isbn=9780754668817}}</ref>
 
Nas actuacións ao vivo adoita ser habitual o alto [[Volume (son)|volume]] de son e considérase unha parte importante destas.<ref name=W23/> O psicólogo Jeffrey Arnett referiuse aos concertos de heavy metal como "o equivalente sensorial a unha guerra."<ref>{{Harvnb|Arnett|1996|p=14}}</ref> Seguindo os pasos de artistas e grupos como [[Jimi Hendrix]], [[Cream]] e [[The Who]], os grupos pioneiros do heavy metal como [[Blue Cheer]] comezaron a empregar volumes máis altos nas súas actuacións.<ref name=vdqxbw>{{Harvnb|Walser|1993|p=9}}</ref> Unha crítica dun concerto de [[Motörhead]] de 1977 destacou que "o volume excesivo tivera moito que ver no impacto causado polo grupo".<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Waksman|nome=Steve|url=http://www.echo.ucla.edu/Volume6-issue2/waksman/waksman1.html|título=Metal, Punk, and Motörhead: Generic Crossover in the Heart of the Punk Explosion|revista=Echo: A Music-Centered Journal|volume=6|número=2|ano=2004|data-acceso=15 de novembro de 2007}}</ref> Weinstein argumentou que da mesma forma que a [[melodía]] é o elemento principal da [[música pop]] e o ritmo é o enfoque principal da [[house (música)|música house]], o forte son, [[Timbre (música)|timbre]] e volume son os elementos chave do heavy metal, afirmando que o alto volume está deseñado para "arrastrar ao oínte cara dentro do son e dar unha inxección de vitalidade xuvenil".<ref name=W23/>