Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 573:
Tras deixar [[Santo Antón, Arca, O Pino|Santo Antón]] e [[O Amenal, Pereira, O Pino|O Amenal]], e cruzar o [[río Brandelos]], o Camiño entra no concello de Santiago. Cruza [[San Paio, Sabugueira, Santiago de Compostela|San Paio]] e rodea a valla perimetral do [[aeroporto da Lavacolla|aeroporto]], para chegar á [[A Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela|Lavacolla]] (''Lavamentula'', no ''Calixtino''), onde destaca a igrexa de San Paio (1840).
 
Cruza o [[río Sionlla]] ou rego de Lavacolla, onde os peregrinos se lavaban e mudaban de roupa para entrar limpos en Santiago. Este rito, medio medida hixiénica e medio ritual purificador, xa se cita no ''Calixtino'' no século XII: "''porque ... os peregrinos franceses que ían a Santiago espíanse e, por mor do Apóstolo, acostumaban a lavar non só as súas partes senón a suciedadesucidade de todo o corpo''".
 
Pasa ó carón da sede da [[TVG]] e o centro territorial de [[RTVE]], en [[San Marcos, Bando, Santiago de Compostela|San Marcos]], e chega ó [[Monte do Gozo]] (''Mons Gaudii''), así chamado pola alegría que sentían os peregrinos ó divisar, por fin, as torres da Catedral. A Xunta construíu aquí o maior albergue de peregrinos de todo o Camiño, con capacidade para 300 persoas que se amplía ata as 800 nos anos [[Ano Santo Xacobeo|Anos Santos]]. Hai tamén un monumento ós peregrinos erixido en [[1993]].