Vellarrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Segundo conta Xosé R. Cruz, investigador das tradicións e costumes do Sureste Ourensán , no seu traballo “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004), existiu en [[Castrelo de Cima, Riós]] dende tempo inmemorial unha máscara de [[entroido]] chamada “vellarrón”. Da sua confección encargábanse homes e mulleres.
 
Estes traxes de entroido levan unha careta de cartón duro, onde resalta unha afiada nariz con bigote e barba feito de lana de ovella de cor negra; cellas mestas; dentadura branca e unhas grandes orellas de papel. O traxe leva unha camisa de algodón con lazos de once cores e un calzón con frecos das mesmas cores. Os complementos son un pano branco, faixa, botas, pololos e un pao.