Entroido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Miño
Liña 39:
[[Image:Boteiro_vilarinho_couso.jpg|thumb|right|200px|Boteiro, Vilariño de Couso]]
As [[máscara]]s so antroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:
:* As máscaras ourensás, que pertencen aos antroidos dun arco de vilas que nace en [[Maceda]] e [[Allariz]], esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á [[Ribeira Sacra]]. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa [[performance]] é habitualmente individual. Entre elas están os [[cigarrón]]s de [[Verín]], os [[peliqueiro]]s de [[Laza]], os [[felo]]s de [[Maceda]], os [[boteiro]]s de [[Vilariño de Conso]], de [[Manzaneda]] e de [[Viana do Bolo]], os [[irrio]]s de [[Castro Caldelas]], as [[charrúa]]s de Allariz, as [[pantalla (antroido)|pantalla]]s de Xinzo, os [[vergalleiro]]s de [[Sarreaus]], os [[murrieiro]]s da Teixeira, os [[troteiro]]s de Bande, os [[vellarróns]] de [[Riós]], etc.
 
:* As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende [[Cangas]] e [[Vilaboa]] ao sur ata as comarcas do [[Deza]] e o val do [[Ulla]]. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a ''performance'', que adoita ser colectiva. É o caso dos [[xeneral, antroido|xenerais]] do Deza e do Ulla, as [[damas e galáns]] de [[Cangas]] e [[Vilaboa]] e as [[madamitas|madamitas e madamitos]] do antroido de [[Cotobade]].