Vellarrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Segundo conta Xosé R. Cruz, investigador das tradicións e costumes do Sureste Ourensán , no seu traballo “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004), existiu en [[Castrelo de Cima, Riós]] dende tempo inmemorial unha máscara chamada “vellarrón”. Da sua confección encargábanse homes e mulleres.
 
Estas máscaras saían en grupo por Castrelo de Cima e polas aldeas veciñas a pedir cartos ou máis ben viandas coas que facer logo un xantar para o grupo. Acompañando ós vellarróns ían outros personaxes como a Madama, muller engalanada con roupas elegantes e o Farrangón, home disfrazado con roupas vellas e coa cara tapada, que era o encargado de recoller os aguinaldos que daban os veciños. ONalgunha Luisocasión doconcreta Tíoo Silvino,vellarrón de alcume “O Sixto”, fixo moitas veces este papel,iba acompañado en ocasións dun cadelo todo traxeadodisfrazado.
 
O vellarrón, ó tempo que facía soar as esquilas que levaba na cintura, ía zorregando cun “farrampo” similar a un mallo, como si dun látigo se tratara, a cantos atopaba polas rúas ó seu paso. A xente dicíalle: ¡Vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón!, para que gardara os cartos que algúns –poucos- lle daban.