Vellarrón: Diferenzas entre revisións

máscara do Entroido de Castrelo de Cima, Riós
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Segundo conta Xosé R. Cruz, investigador das tradicións e costumes do Sureste Ourensán , no seu traballo “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deput...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2007 ás 08:52

Segundo conta Xosé R. Cruz, investigador das tradicións e costumes do Sureste Ourensán , no seu traballo “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004), existiu en Castrelo de Cima dende tempo inmemorial unha máscara chamada “vellarrón”. Da sua confección encargábanse homes e mulleres.

Estas máscaras saían en grupo por Castrelo e polas aldeas veciñas a pedir cartos ou máis ben viandas coas que facer logo un xantar para o grupo. Acompañando ós vellarróns ían outros personaxes como a Madama, muller engalanada con roupas elegantes e o Farrangón, home disfrazado con roupas vellas e coa cara tapada, que era o encargado de recoller os aguinaldos que daban os veciños. O Luis do Tío Silvino, de alcume “O Sixto”, fixo moitas veces este papel, acompañado en ocasións dun cadelo todo traxeado.

O vellarrón, ó tempo que facía soar as esquilas que levaba na cintura, ía zorregando cun “farrampo” similar a un mallo, como si dun látigo se tratara, a cantos atopaba polas rúas ó seu paso. A xente dicíalle: ¡Vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón!, para que gardara os cartos que algúns –poucos- lle daban.

Na Veiga do Seixo existía tamén unha máscara moi parecida á de Castrelo de Cima, coa diferencia de que a vestimenta estaba adornada con papeis de cores en vez das tiras de tea de cores que portaban en Castrelos.