Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 159:
O problema troncal era a relación entre [[Francia]] e [[Alemaña]]. Era preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir no seu torno todos os países libres de [[Europa]] co fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común. [[Jean Monnet]], coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, [[Robert Schuman]], e ao Chanceler alemán [[Konrad Adenauer]] centrar as súas políticas nun interese común entre ámbolos países: a xestión sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o [[9 de maio]] de 1950 por [[Francia]] e recibe unha fervorosa acollida en [[Alemaña]], [[Italia]], [[Países Baixos]], [[Bélxica]] e [[Luxemburgo]].
 
O Tratado que constituíu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de [[1951]], abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abríndoabrindo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada.
 
=== 25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea ===