Diferenzas entre revisións de «Descentralización»

m
== Formas de descentralización do Estado ==
* '''Descentralización horizontal'''. É aquela que dispersa o poder entre institucións do mesmo nivel, como por exemplo as decisións sobre o gasto dun ministerio que se pode distribuír entre varios, ou o conxunto de competencias de cada estado nun conxunto confederal.
 
* '''Descentralización vertical'''. A diferenza da anterior, permite que algúns poderes do goberno central se deleguen cara niveis de administración inferiores (locais ou territoriais de calquera índole) e pode adquirir as formas de desconcentración, delegación, devolución e privatización.
 
* '''Descentralización administrativa'''. Supón o traslado de competencias da administración central do estado a novas persoas xurídicas de dereito público, dotadas dun patrimonio propio. Aínda que o poder central ten un control moi limitado sobre as actividades das entidades documentadas.
* '''Descentralización política'''. Nela os poderes, competencias e funcións administrativas, normativas e de goberno, trasládanse a un órgano cunha base territorial determinada (nación, estado, rexión, territorio, localidade, comuna etcétera).
 
* '''Descentralización política'''. Nela os poderes, competencias e funcións administrativas, normativas e de goberno, trasládanse a un órgano cunha base territorial determinada (nación, estado, rexión, territorio, localidade, comuna etcétera).
 
* '''Descentralización funcional'''. Consiste no recoñecemento ao órgano correspondente de competencias específicas ou delimitadas só a un sector de actividade; é dicir, o Estado asigna unha función técnica ou de servizos a unha entidade xestora que dispón de personalidade xurídica e patrimonio propio. Un exemplo pode ser unha empresa pública.
 
* '''Descentralización territorial'''. Entraña o traspaso de poder decisorio a órganos cuxo ámbito de actividade o xurisdición constitúe un territorio ou unha localidade.
 
* '''Descentralización mixta'''. As dúas formas anteriores pódense combinar e dar paso a unha descentralización política cunha base territorial, como é o caso dos gobernos territoriais, ou ben a unha funcional e territorial, como sucede cunha empresa estatal nunha provincia.
 
* '''Descentralización fiscal'''.
 
393.002

edicións