Do punto de vista arqueolóxico, a máxima dispersión da cultura material dos celtas abarcou desde, no oeste, o surestesueste da Inglaterra, Francia e o norte de España, até, no leste, o oeste da Hungría, Eslovenia, e o norte de Croacia; desde o norte de Italia no sul até o extremo norte das montañas do centro da Alemaña. Por outro lado, existen achados do período de La Tène por todos os Balcáns até Anatolia (asentamento dos Gálatas, na Turquía actual), que se explican polas migracións celtas acontecidas no IV século a. C.
A inclusión do surestesueste da Inglaterra no territorio de dispersión da cultura designada como celta do punto de vista arqueolóxico é contestada. Os achados arqueolóxicos locais da Idade do Ferro media e tardía (ca. 600–30 a. C.) presentan propiedades rexionais e locais que difiren de modo significativo dos achados continentais contemporáneos. En Galiza tamén se acharon algunhas fíbulas do período de La Tène, mais non se pode falar de un horizonte cultural celta fechado no sentido da cultura de La Tène.
Ese territorio centroeuropeo de carácter celta, limitaba, no sul, inicialmente aínda coa zona de influencia da cultura etrusca, e no leste e no sulestesueste, coas áreas de influencia grega, tracia e escita. Partes extensas deses territorios foron incorporados mais adiante ao Imperio Romano e á súa cultura. A norte do territorio de influencia celta estaban asentadas tribos xermánicas. Con todas as culturas citadas mantiñan os celtas intensas relacións culturais e económicas.