Celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Definición: ligazóns
m →‎Orixe: arranxiño
Liña 36:
Algúns estudosos pensan que a [[cultura dos Campos de Urnas]] na Europa occidental representa unha orixe para os celtas coma unha póla cultural distinta da familia indoeuropea. Esta cultura foi preeminente en Europa central durante a [[Idade do Bronce]] tardía, de [[circa|c.]] [[-1200|1200 a. C.]] até o [[-700|700 a. C]], seguindo a [[cultura Unetice]] e a [[cultura dos túmulos]]. O período dos Campos de Urnas sofreu un incremento demográfico dramático na rexión, probabelmente debido ás innovacións tecnolóxicas e agrícolas. O historiador grego [[Éforo de Cime]] en [[Anatolia|Asia Menor]] escribía no [[século -IV|século IV a. C.]] que cría que os celtas viñan das illas da desembocadura do [[Río Rin|Rin]] e foran "expulsados dos seus fogares polas frecuentes guerras e o levantamento violento do mar".
 
A propagación do [[Idade do Ferro|traballo do ferro]] dirixiuse ao desenvolvemento da [[cultura de Hallstatt]] directamente da cultura dos Campos de Urnas (c. 700-500 a. C.). A lingua protocéltica, o derradeiro ancestroamtepasado común de todas as linguas celtas, é considerada por esta clase de estudosos que falouse na época serodia da cultura dos Campos de Urnas, a comezos do [[-1000|primeiro milenio a. C.]] A difusión das linguas celtas na Península Ibérica, Irlanda e Gran Bretaña teríase producido durante a primeira metade do primeiro milenio a. C., os enterramentos en carros máis antigos en Gran Bretaña datan c. 500 a. C. Ao longo dos séculos a lingua desenvolveuse por separado e deu a [[lingua celtibérica]], [[Linguas goidélicas|goidélica]] e [[Linguas britónicas|britónica]].
 
== Extensión ==