Celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
→‎Definición: ligazóns
Liña 19:
 
== Definición ==
A expresión celta remonta a escritos de Herodoto[[Heródoto]]<ref>Herodot, ''Historien'' 2, 33, 3; 4, 49, 3.</ref> e outros autores gregos dos séculos VI e V a. C., en que son chamadas ''Keltoi'' tribos desde as fontes do Danubio até a rexión de Massilia (Marsella). Os escritores gregos e romanos coñecían soamente unha parte das tribos hoxe consideradas celtas. Transferiron o termo ''Celtas'' a outras tribos e pobos percibidos por eles como relacionados.
 
Dependendo do campo de estudo ou do punto de vista, celta designa, por tanto, unha comunidade lingüística en Europa Central e Occidental (definición lingüística), ou un conxunto de asentamentos con cultura material semellante (definición arqueolóxica), ou tribos cos mesmos costumes e crenzas (definición etnolóxica). Alén diso, para algúns son celtas simplemente os pobos considerados como tale polos gregos e romanos.
Liña 29:
A arqueoloxía ve trazos culturais comúns nas tribos celtas durante a [[Idade do Ferro]] (séculos VIII–I a. C.) desde o norte de [[España]] até [[Bohemia]] en Europa Central. Hoxe xa non hai dúbidas de que existiu un desenvolvemento continuo, a partir de culturas predecesoras da [[Idade do Bronce]] asentadas en Europa Central, en particular da [[cultura dos Campos de Urnas]] da Idade do Bronce tardía. Os celtas están relacionados sobre todo coas culturas de [[Cultura de Hallstatt|Hallstatt]] e de La Tène. Os nomes desas culturas proceden de dous sitios arqueolóxicos, da necrópole de Hallstatt, unha aldea lacustre localizada preto do lago do mesmo nome, no Salzkammergut [[Austria|austríaco]], a sueste de [[Salzburgo]], onde en 1846 Johann Georg Ramsauer descubriu un gran cemiterio prehistórico, e de La Tène, unha aldea na marxe setentrional do [[Lago de Neuchâtel]] na [[Suíza]], onde un tesouro de artefactos foi descoberto por Hans Kopp en 1857. Os dados obtidos a partir de ambos [[sitio arqueolóxico|sitios arqueolóxicos]] permitiron unha primeira cronoloxía. Algúns autores utilizan o termo ''celtas'' unicamente para o período céltico clásico, que comeza cerca de 650 a. C.
 
Atestado como seguro é que os celtas nunca conformaron un pobo compacto, muito menos unha nación, que en todo caso se pode falar de numerosos e distintos grupos étnicos con cultura semellante. Tratábase de tribos afíns que tiñan en común aspectos culturais que as diferenciaban dos pobos veciños, o que é descrito por exemplo por romanos como [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] na ''[[Xermania (libro)|Germania]]'' ou [[Xulio César]] na ''Guerra Gálica''.
 
== Orixe ==