Prudencio Canitrot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Sobriño de [[José Millán]]. Tiña interese pola pintura e empezou a pintar e cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en [[Pontevedra]], logo tivo un estudio e co tempo decidiu marchar para converterse en artista. Destacou como paisaxista e ilustrou varios libros da súa época. Estivo dous anos percorrendo [[Portugal]] e [[Francia]] ata chegar a [[Madrid]] a finais de 1903. Abandonou a pintura para dedicarse á literatura e ao xornalismo. Colaborou en ''[[La Correspondencia Gallega]]''. Foi corrector da obra de Rosalía. Entre as súas obras destacan ''San Benito de Lérez'', ''Unha romería en Galicia'' e ''Paisaje de las cercanías de Pontevedra''. Por afinidade artística pode incluírse na [[Xeración Doente]]. Foi premiado polos seus relatos polas revistas ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'' e ''[[El Liberal]]''. Organizou a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912). Dirixiu, xunto a [[Luís Antón del Olmet]], a "[[Biblioteca de Escritores Gallegos]]" e colaborou nas principais revistas españolas e americanas como ''[[Suevia (1910)|Suevia]]''. Tamén participou no [[Rexionalismo galego]] en 1910 cando coñeceu a [[Basilio Álvarez]] e implicouse con [[Acción Gallega]] facendo campaña pola redención foral.
 
== Obras ==