Evanxeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
m →‎Evanxeos canónicos: Concordancia de sufixo -bel que abunda en todo o texto.
Liña 36:
{{LibrosNovoTestamento}}
{{VT|Evanxeos sinópticos|Evanxeo de Xoán}}
Do elevado número de evanxeos escritos na Antigüidade, só catro foron aceptados pola Igrexa e considerados como canónicos. EstablecerEstabelecer como canónicos estes catro evanxeos foi unha preocupación central de [[Ireneo de Lyon]], contra o ano 185. Na súa obra máis importante, ''Adversus haereses'', [[Ireneo de Lyon|Ireneo]] criticou con dureza tanto ás comunidades cristiás que facían uso dun só evanxeo, o de Mateo, como aos que aceptaban varios dos que hoxe son considerados como ''evanxeos apócrifos'', como a [[seita]] gnóstica dos [[valentiniano]]s. Ireneo afirmou que os catro evanxeos por el defendidos eran os catro piares da Igrexa. "Non é posíbel que poidan serenser nin máis nin menos de catro", declarou, presentando como [[lóxica]] a analoxía cos catro puntos cardinais, ou cos catro ventos (1.11.18). Para ilustrar o seu punto de vista, utilizou unha imaxe, tomada do [[Libro de Ezequiel|Ezequiel]], do trono de Deus flanqueado por catro criaturas con rostros de diferentes animais (home, león, touro, aguia), que están na orixe dos símbolos dos catro evanxelistas na [[iconografía]] cristiá.
 
Tres dos evanxeos canónicos, os de Marcos, Mateo e Lucas, presentan entre si importantes similitudes. Pola semellanza que gardan entre si denomínanse [[evanxeos sinópticos|sinópticos]] desde que, en 1776, o estudoso J. J. Griesbach os publicou por primeira vez nunha táboa de tres columnas (''synopsis''), nas que podían abarcarse dunha soa ollada, para mellor destacar as súas coincidencias.