Célula de Purkinje: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Arranxos varios, replaced: |coauthors= → |autor2= (3) using AWB
Liña 7:
[[Ficheiro:Cerebellum - biel - very high mag.jpg|miniatura|esquerda|Células de Purkinje con [[tinguidura de Bielschowsky]].]]
 
As células de Purkinje están entre as neuronas máis grandes do [[encéfalo]] humano (as [[célula de Betz|células de Betz]] son as máis longas),<ref name="Purves" >{{cita libro | autor = Purves, Dale, George J. Augustine, David Fitzpatrick, William C. Hall, Anthony-Samuel LaMantia, James O. McNamara, and Leonard E. White | título = Neuroscience. 4th ed. | editor = Sinauer Associates | páxinas = 432–4 | ano = 2008 | isbn = 978-0-87893-697-7}}</ref> e caracterízanse por ter unha intricada árbore [[dendrita|dendrítica]] cun gran número de espiñas dendríticas. As células de Purkinje atópanse na capa de Purkinje do córtex do [[cerebelo]], que é a capa intermedia do córtex dese órgano, situada entre as capas granular (a máis profunda) e a molecular (a máis superficial). As células de Purkinje están alineadas como fichas de dominó amoreadas unhas en fronte doutras. Da parte superior do soma parten unha ou dúas grosas dendritas que axiña se ramifican enormemente con numerosas espiñas dendríticas, formando unha gran arborización dendrítica con forma de abano e orientada nun só plano, perpendicular ao eixe da circunvolución cerebelosa, e o seu axón penetra na substancia branca do cerebelo situada debaixo do córtex cerebeloso. Considéranse neuronas tipo I de Golgi. As súas grandes árbores dendríticas case forman unha capa a través da cal pasan as [[fibra paralela|fibras paralelas]] procedentes das capas máis profundas. Estas fibras paralelas establecen sinapses [[glutamatérxico|glutamatérxicas]] excitatorias relativamente febles coas espiñas dendríticas das células de Purkinje, mentres que as chamadas [[fibra gaveadora|fibras gabeadoras]] (''climbing fibers'') procedentes do [[núcleo olivar inferior]] do [[bulbo raquídeo]] establecen sinapses excitatorias potentes coas dendritas proximais e o [[soma]] celular. As fibras paralelas pasan perpendicularmente a través da árbore dendrítica da célula de Purkinje, en número de ata 200.000<ref>{{Cita publicación periódica|last=Tyrrell|first=T|coauthorsautor2=Willshaw, D|title=Cerebellar cortex: its simulation and the relevance of Marr's theory.|journal=Philosophical transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological sciences|date=1992-05-29|volume=336|issue=1277|pages=239–57|pmid=1353267|doi=10.1098/rstb.1992.0059}}</ref>, formando unha [[sinapse célula granular-célula de Purkinje]] con cada célula de Purkinje. Cada célula de Purkinje recibe unhas 500 sinapses de cada unha destas fibras.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Wadiche|first=JI|coauthorsautor2=Jahr, CE|title=Multivesicular release at climbing fiber-Purkinje cell synapses|journal=Neuron|date=2001-10-25|volume=32|issue=2|pages=301–13|pmid=11683999|doi=10.1016/S0896-6273(01)00488-3}}</ref> Tanto as células cesta coma es células estreladas (que se atopan na capa molecular do cerebelo) establecen sinapses inhibitorias (GABAérxicas) coas células de Purkinje; as células cesta fan sinapse no segmento inicial do [[axón]] da célula de Purkinje, e as células estreladas fano nas [[dendrita]]s.
 
As células de Purkinje envían proxeccións inhibitorias aos núcleos cerebelares profundos, as cales constitúen as únicas saídas de toda a [[coordinación motora]] no córtex cerebelar.
Liña 27:
 
Nalgúns animais domésticos, un trastorno chamado [[abiotrofia cerebelosa]] no que as células de Purkinje empezan a atrofiarse pouco despois do nacemento, pode orixinar síntomas como [[ataxia]], tremores, hiper-reactividade, falta de [[reflexo de ameaza]], trastornos no paso ao andar, aparente falta de sensibilidade de onde teñen os pés, e unha falta xeral de capacidade para determinar espazo e distancia. Un trastorno similar coñecido como [[hipoplasia cerebelosa]] aparece cando as células de Purkinje non se desenvolven no útero ou morren no útero antes do nacemento. Os trastornos xenéticos [[ataxia telanxiectasia]] e a [[enfermidade de Niemann Pick]] tipo C, ou o [[tremor esencial]] cerebelar, implican unha perda progresiva das células de Purkinje.
A patoloxía espiñal e a perda de ramas dendríticas nas células de Purkinje tamén se observou na [[enfermidade de Alzheimer]].<ref>{{Cita publicación periódica|last=Mavroudis|first=IA|coauthorsautor2=Fotiou, DF, Adipepe, LF, Manani, MG, Njau, SD, Psaroulis, D, Costa, VG, Baloyannis, SJ|title=Morphological changes of the human purkinje cells and deposition of neuritic plaques and neurofibrillary tangles on the cerebellar cortex of Alzheimer's disease|journal=American journal of Alzheimer's disease and other dementias|date=2010 Nov|volume=25|issue=7|pages=585–91|pmid=20870670|doi=10.1177/1533317510382892}}</ref>
 
== Notas ==