Lois I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 75:
Luís contraeu a [[varíola]] no mes de xullo de 1724.{{sfn|Ulloa Cisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}} O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha [[pulmonía]]. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do [[31 de agosto]] de [[1724]], no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos,{{sfn|Martín|1998|p=1680}} coa súa [[Luísa Isabel de Orleáns|esposa]] como única compañía, xa que os seus pais, temerosos da enfermidade, marcharan a A Granxa de San Ildefonso.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=74}} O [[4 de setembro]] foi levado ao [[Mosteiro de El Escorial|Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial]]{{sfn|Quevedo|1849|p=364}} e enterrado no panteón real, mentres que a súa esposa tivo que volver a Francia.{{sfn|Rodríguez|1790|p=232}} Ao día seguinte de morrer, estendeuse por Madrid o rumor que fora envelenado, un home de confianza de Filipe V como [[Melchor de Macanaz]] considerou certos estes rumores; insistía que Luís fora afectado pola varíola, pero que os tratamentos dos médicos axudárono a mellorar, serían o denominado «clan dos parmesanos», instigado por [[Isabel de Farnesio]], os que, a través do doutor José Cervi, forneceron o veleno ao monarca.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=75}}
 
A morte do rei provocou dúbidas sobre si Filipe V tiña que manter a abdicación e deixar o trono ao infante [[Fernando VI de España|Fernando]], segundo ditaba o seu propio decreto, ou ben volvelo a ocupar el.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} A versión tradicional é que o antigo rei negábase en rotundo a ocupalo de novo por herdanza do seu fillo debido aos seus escrúpulos relixiosos. [[Isabel de Farnesio]] e o [[René de Froulay de Tessé|embaixador francés]], preocupados pola deriva que tomaría o país se subía ao trono o [[Fernando VI de España|infante Fernando]], por tal de obter o si de Filipe constituíron unha xunta de teólogos que proclamou a nulidade dos votos de renuncia e o confesor, o pai Bermúdez, negouse a absolvelo se este non se ocupaba do goberno do seu pobo, Filipe aceptou e volveu co apoio do [[Consello de Castela]]. Porén, a banda desta versión, existe outra máis moderna, que di que foi por vontade de Filipe a recuperación do trono, facendo asinar ao seu fillo un documento neste sentido, e que despois esperou a opinión do [[Consello de Castela]] e a xunta de teólogos, que se pronunciaron de xeito ambiguo, facendo que Filipe buscase outras opinións máis favorables e, finalmente, establecendo por decreto o seu retorno ao trono. OCando que é certo, é que ao retornoretornou ao trono, Filipe purgou aos homes de goberno de Luís, que intentaran desligar ao rei da influencia paterna, e tamén a aqueles que deronderan apoio á subida ao trono de Fernando VI.{{sfn|Martín|1998|p=1682}}{{sfn|Ulloa Cisneros|Camps Cazorla|1983|p=66}}
 
O mesmo ano da morte do rei, o escritor [[Diego de Torres Villarroel]], interesado na [[astroloxía]], predixera a morte nun dos seus calendarios, que tiveron varios problemas para ser publicados. Porén, obviamente, considérase que esta predición debía de ser unha das outras moitas que vaticinou o 1724 e que eran sempre de carácter trivial.{{sfn|Martínez Mata|1990|p=842}}