Poríferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 118:
En canto á filoxenia do filo, nun principio, unha característica diagnóstica dos poríferos era a presenza de espículas. Por iso, certos grupos fósiles con organización de esponxa actual foron colocados fóra do filo Porifera. En particular, grupos con esqueleto calcário sólido como [[Arqueociatos]], [[Caetétidos]], [[Esfinctozoos]], [[Estromatoporoides]] e [[Receptacúlidos]] son problemáticos. O descubrimento dunhas quince especies vivintes con esqueleto calcário sólido, ten axudado moito a comprender a filoxenia dos poríferos. Estas especies posúen formas diversas e deberían clasificarse cos Caetétidos, Esfinctozoos e Estromatoporoides se se atoparan como fósiles. Non obstante, co estudio do material vivo, as características histolóxicas, citolóxicas e larvarias amosan claramente que esas quince especies poden situarse entre as esponxas ''Calcispongiae'' ou entre as demosponxas. Polo tanto, as formas fósiles correspondentes, moi abundantes, tamén encaixarían nunha destas dúas clases.
 
Está amplamente aceptado entre os especialistas que as calcarias e as demosponxas están máis estreitamente relacionadas entre si que coas hexactinélidas. Co descubrimento das quince formas vivintes antes mencionadas, foi creada unaunha cuarta clase, as esclerosponxas. Non obstante, trátase dun grupo [[polifilético]] que debería ser abandonado, segundo Chombard, ''et al''. Os Arqueociatos representan un caso especial. Non existen representantes vivos, aínda que a súa organización pode referirse á das actuais esponxas. A análise filoxenética realizada por Reitner & Mehl colócaos como [[grupo irmán]] das Demosponxas. Polo tanto, os Arqueociatos perderían a súa categoría de filo e pasarían a ser unaunha clase dentro das esponxas.
 
== Véxase tamén ==