Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

m
Porén, Brilliant!, foi adquirida ó pouco por 19 Entertainment de [[Simon Fuller]]. A cantante asinou entón un contrato de representación con Simon Fuller, que a remunerou con 250 [[Libra esterlina|libras]] semanais (cifra que sería descontada de futuros beneficios) para que que se concentrase en desenvolver as súas calidades musicais e non precisase traballar durante este período<ref name="voz" />. Con todo, continuaba a dar concertos nalgúns pubs londinienses, no Club Cobden<ref name="forever" /> ou no Bush Hall<ref>{{cita novas|autor=Whitmore, Greg |autor2=Robinson, Karen |url=http://www.theguardian.com/music/gallery/2015/jun/13/amy-winehouse-rare-and-unseen-in-pictures |título=Amy Winehouse: rare and unseen – in pictures |data=13-6-2015 |xornal=The Guardian |dataacceso=20-10-2015 }}</ref>. Mudouse a vivir a [[Camden Town|Candem]] coa súa amiga da infancia Juliette Ashby<ref name="gang" /><ref>{{cita web |autor=Bromley, Melanie |url=http://www.eonline.com/news/683157/saving-amy-winehouse-singer-s-best-friend-wants-her-to-be-remembered-for-extraordinary-talent-not-her-tragic-demise |título=Amy Wins Oscar for Best Documentary Feature: Why Amy Winehouse Should Be Remembered for Her Talent More Than Her Tragic Demise |data=29-2-2016 |páxina-web=E! |dataacceso=9-4-2016 }}</ref>. Espertou ademais o interese doutros representantes musicais, como os da Virgin Records ou da EMI Music Publising<ref name="vez">{{cita web|autor=Bouwman, Kimbel |título=Interview with DARCUS BEESE, A&R at Island for Amy Winehouse, Sugababes |url=http://www.hitquarters.com/index.php3?page=intrview/opar/intrview_Darcus_Beese_int.html |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120123121840/http://www.hitquarters.com/index.php3?page=intrview/opar/intrview_Darcus_Beese_int.html |data=23-2-2004 |revista=Hit Quarters |dataarquivo=23-1-2012 }}</ref>. En consecuencia, acabou asinando un contrato de administración dos dereitos de autor con Guy Moot, representante encargado da división de artistas e repertorio da EMI Music Publising, que a destinou a traballar cos produtores [[Salaam Remi]] e Gordon Williams, pero decidiu, nun principio, mantela en segredo para a industria discográfica<ref name="voz" /><ref name="vez" />. Viaxou daquela a [[Miami]] para coñecer ó produtor Salaam Remi<ref name="lar" /><ref>{{cita web|título=The Score: Salaam Remi Talks Amy Winehouse & NaS In Exclusive Q&A|url=http://www.okayplayer.com/news/salaam-remi-nas-amy-winehouse-interview.html/2|dataacceso=19-10-2015|autor=Eddie "Stats"|páxina-web=Okayplayer|ano=2012}}</ref><ref>{{cita web|título=Amy Winehouse |url=http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/9781/Amy%20Winehouse |páxina-web=BuscaBiografías |dataacceso=19-10-2015 |lingua=castelán}}</ref>, naquel intre Winehouse compuxera un bo fato de cancións mais só unhas poucas foran gravadas realmente.
 
Darcus Beese, representante de [[Island Records|Island]] en Londres, soubo de Winehouse por azar. Nunha reunión cuns produtores no seu despacho, para oír algunhas cancións que estaban producindo, escoitou casualmente unha gravación da súa voz, quedou impresionado e quixo contratala decontado. Cando Beese preguntou quen estaba cantando, o director dixo que non estaba autorizado a responder. A Beeze levoulle preto de seis meses atopala cantante. Neste momento Winehouse apenas gravara material, pois estaba aínda en fase de desenvolvemento, e Beese organizou unha audición nas oficinas da [[Universal Music Group|Universal]] en Londres. O xefe de Beese en Island, Nick Gatfield, alcanzou con ela un trato e con 19 anos Winehouse asinou pola discográfica Island<ref name="vez" />, que sería a responsable dos seus lanzamentos no Reino Unido<ref>{{cita publicación periódica |autor=Calkin, Jessamy |url=http://s.telegraph.co.uk/graphics/projects/amy-winehouse/index.html |título=Amy Winehouse: behind the controversial documentary |ano=2015 |xornal=The Daily Telegraph |url-arquivo=http://archive.is/ShWug |data-arquivo=29-3-2016 |dataacceso=9-4-2016 }}</ref>, corría o ano 2002.
 
=== 2003-2006: O álbum debut ''Frank'' ===