Pacifismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 33:
Pero os impulsos ó pacifismo máis fortes e importantes foron os dalgúns os seus defensores, como [[Mahatma Gandhi]], [[Martin Luther King]] e [[Óscar Romero]]. Estas persoas, ademais de escribir sobre o pacifismo, levárono á práctica:
 
* [[Mahatma Gandhi|Gandhi]] ([[1869]]-[[1948]]) foi un avogado e político indio que loitou pola [[Movemento de independencia da India|independencia da India]] polos seus propios métodos, como o xaxún limitado e a intercepción de trens por unha multitude sen armas que se tendía ó longo das vías. Como adaíl do nacionalismo indio, predicou a paz de diversos xeitos, e foi encarcerado por iso varias veces. Unha vez posto en liberdade, sufriu varios atentados e asasinouno un fanático hindú en [[Delhi]] ([[India]]). As súas cinzas foron lanzadas ó río [[Ganxes]].
* [[Martin Luther King]] ([[1929]]-[[1968]]) foi un dirixente negro estadounidense que defendeu a [[non violencia]] e loitou contra a [[discriminación racial]]. Conseguiu o [[Premio Nobel da Paz]] en [[1964]]. Morreu asasinado en [[Memphis]] ([[Tennessee]], EUA).
* [[Óscar Romero]] ([[1917]]-[[1980]]) foi un arcebispo do [[O Salvador|Salvador]] inimigo da violencia que exercían a estrema dereita nacionalista e o exército. Defendeu ós oprimidos e foi asasinado durante unha misa.