Lois I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 26:
Luís naceu no [[Palacio do Bo Retiro]], en Madrid, o [[25 de agosto]] de [[1707]].{{sfn|González Cremona|1998|p=35}} Bautizado Luís Filipe Fernando Xosé,{{sfn|Aquino de Belén|1709|p=7}} en honor aos reis [[Luís IX de Francia]] e [[Fernando III de Castela]],{{sfn|Pérez de Guzmán y Gallo|1880|p=271}} era o fillo primoxénito do primeiro Borbón español [[Filipe V de España|Filipe V]] e a súa primeira esposa María Luísa de Savoia, e polo tanto, bisneto de [[Luís XIV de Francia]], por liña paterna, e de [[Vítor Amadeo II de Savoia]], pola materna.
 
Foi o primeiro membro da [[Casa de Borbón]] nado en terras castelás, o que fixo que os casteláns lle demostrasen unha esperanza cega e lle amosasen sempre unha gran simpatía. O seu nacemento, en plena [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], serviuserviulle a Filipe V como método de propaganda, e, por isto, a mesma raíña mostraba orgullosa o bebé, exclamando diante do pobo: «Este é Luisiño, o voso paisano!».{{sfn|González Cremona|1998|p=35}} O [[7 de abril]] de [[1709]], cando contaba con tan só dous anos, Filipe V convocou as cortes a fin de que xurasen a Luís como [[Príncipe de Asturias]] e sucesor da coroa.{{sfn|Pérez de Guzmán y Gallo|1880|p=271}}
 
A súa nai, María Luísa de Savoia, morreu cando Luís tiña sete anos, un feito que lle comportou a el e aos seus irmáns unha serie de carencias emocionais. Por tal de suplir a figura materna, decidiu ter cura dos seus irmáns e facerse responsable, sobre todo a partir do casamento do seu pai con [[Isabel de Farnesio]]. Logo da tutela de [[Marie-Anne de la Trémoille]], princesa dos Ursins, a chegada da súa madrastra, malia que nunca tratou mal os fillos do primeiro matrimonio de Filipe V, non deu continuidade ao ambiente familiar e deixou ao herdeiro en mans de [[Julio Alberoni]].{{sfn|González Cremona|1998|p=35}}{{sfn|Vidal Sales|1994|p=59}} Desde entón Luís foi instruído polo xesuíta Ignacio de Labrussel, pero non tivo unha educación en profundidade. Luís non tiña un interese especial nas disciplinas comúns, senón que se mostraba máis interesado pola música e, especialmente, pola danza; en xeral foi amante das artes.{{sfn|González Cremona|1998|p=36}}
 
Con trece anos, Luís combinaba a vida de palacio con actividades mundanas. Afeccionouse ao roubo en hortos próximos ao Palacio do Bo Retiro e saía a altas horas da noite con xente de mala reputación.{{sfn|González Cremona|1998|p=38}} Saía cos seus criados a buscar mulleres polas rúas de Madrid; herdando así o carácter sensual do seu pai, case sempre ía acompañado do servente Lacotte.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=61}} Este costume mantívoo ata logo de casar, por tal de afastarse da súa muller. Isto fíxoo inmensamente coñecido polo pobo madrileño, que o vía constantemente polas rúas.{{sfn|González Cremona|1998|p=41}} Pola vila circulaba un comentario: