Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Arranxos.
Liña 60:
==== Relación coa música clásica ====
[[Ficheiro:Ritchie Blackmore 1977.jpg|dereita|miniatura|250px|[[Ritchie Blackmore]]]]
Segundo o [[musicoloxía|musicólogo]] Robert Walser, xunto ao [[blues]] e o [[R&B]] a [[música clásica]] tivo unha grangrande influencia no heavy metal desde os comezos do xénero. Walser tamén argumentou que moitos dos músicos de heavy metal máis influentes foron guitarristas con estudos de música clásica, que adaptaron modelos musicais clásicos desencadeando o desenvolvemento dun novo virtuosismo da guitarra e cambios na lingua melódica e harmónica do heavy metal.<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=58}}</ref>
 
Nun artigo escrito para ''[[Grove Music Online]]'', Walser afirmou que "os anos 1980 suscitaron a adaptación xeral de progresións de acordes e prácticas virtuosas dende modelos europeos do século XVIII, especialmente [[Johann Sebastian Bach|Bach]] e [[Antonio Vivaldi|Vivaldi]], por parte de guitarristas influíntes como [[Ritchie Blackmore]], [[Marty Friedman]], [[Jason Becker]], [[Uli Jon Roth]], [[Eddie Van Halen]], [[Randy Rhoads]] e [[Yngwie Malmsteen]]".<ref>{{Cita web|apelidos=Walser|nome=Robert|título="Heavy metal"|páxina-web=Grove Music Online|data-acceso=6 de marzo de 2010|url=http://www.oxfordmusiconline.com/public/book/omo_gmo|subscrición=yes}}</ref> Kurt Bachmann de [[Believer]] tamén afirmou que "De facerse correctamente, o metal e o clásico quedan bastante ben xuntos. A música clásica e o metal son probablemente os dous xéneros que teñen máis en común no tocante a sensacións, textura e creatividade."<ref>{{Cita libro|apelidos=Wagner|nome=Jeff|ano=2010|título=Mean Deviation: Four Decades of Progressive Heavy Metal|editorial=Bazillion Points|ISBN=978-0-9796163-3-4|páxina=156}}</ref>
Liña 126:
 
[[Ficheiro:Jimi Hendrix 1967 uncropped.jpg|miniatura|250px|dereita|[[Jimi Hendrix]] en 1967]]
A combinación do blues rock co [[rock psicodélico]] formou gran parte da base orixinal para o heavy metal.<ref>{{Harvnb|Weinstein|1991|p=16}}</ref> Un dos grupos máis influentes na fusión destes xéneros foi o trío británico [[Cream]], que acadaron un son característico nos ''[[riff]]s'' unísonos do guitarrista [[Eric Clapton]] e o baixista [[Jack Bruce]], así como na batería de dobre baixo de [[Ginger Baker]]. Os seus dous primeiros álbums, ''[[Fresh Cream]]'' (1966) e ''[[Disraeli Gears]]'' (1967), están considerados como prototipos esenciais dos posteriores estilos.<ref>{{Harvnb|Charlton|2003|pp=232–33}}</ref> O álbum de estrea de [[The Jimi Hendrix Experience]], ''[[Are You Experienced]]'' (1967), considerase tamén de grangrande influencia no xénero. A técnica de [[Jimi Hendrix]] sería posteriormente emulada por moitos guitarristas de heavy metal, e o sinxelo con máis éxito deste álbum, "[[Purple Haze]]", identifícase en ocasións como o primeiro éxito do heavy metal.<ref name=vdqxbw/>
 
A finais dos anos 1960, moitos cantantes de rock psicodélico como [[Arthur Brown]] comezaron a crear actuacións teatrais e estrafalarias, incluso en ocasións macabras, que serían outro factor de influencia para moitos grupos posteriores de heavy metal.<ref>{{cita web|apelidos=Unterberger|nome=Ritchie |título=Arthur Brown (Biography) |páxina-web=Allmusic |url={{Allmusic|class=artist|id=arthur-brown-mn0000510278|pure_url=yes}} |data-acceso=20 de xullo de 2011}}</ref><ref>{{Cita libro|nome=Polly|apelidos=Marshall|título=The God of Hellfire, the Crazy Life and Times of Arthur Brown|ISBN=0-946719-77-2|editorial=SAF Publishing|ano=2005|páxinas=103, 175}}</ref> O grupo [[Vanilla Fudge]], que publicou o seu primeiro álbum [[Vanilla Fudge (álbum)|homónimo]] en 1967, foi descrito como "unha das poucas ligazóns norteamericanas entre a psicodelia e o que se convertería no heavy metal".<ref>{{cita web |apelidos=Huey|nome=Steve |título=Vanilla Fudge (Biography) |páxina-web=Allmusic |url={{Allmusic|class=artist|id=vanilla-fudge-mn0000311674|pure_url=yes}} |data-acceso=1 de setembro de 2009}}</ref>
Liña 136:
En 1968 o son que sería posteriormente coñecido como heavy metal comezou a tomar unha forma definitiva. En xaneiro dese ano o grupo de [[San Francisco]] [[Blue Cheer]] publicou unha versión do tema de [[Eddie Cochran]] "[[Summertime Blues]]" no seu álbum de estrea ''[[Vincebus Eruptum]]'', que moitos consideran como a primeira gravación de heavy metal.<ref>{{Cita libro|apelidos=McCleary|nome=John Bassett|ano=2004|título=The Hippie Dictionary: A Cultural Encyclopedia of the 1960s and 1970s|editorial=Ten Speed Press|ISBN=1-58008-547-4|páxinas=240, 506}}</ref> Ese mesmo mes [[Steppenwolf]] publicou o seu álbum de estrea homónimo ''[[Steppenwolf (álbum)|Steppenwolf]]'', que incluíu no tema "[[Born to Be Wild]]" unha das primeiras referencias documentadas do termo "heavy metal" nunha letra de canción.<ref name="Walser8"/> En xullo dese ano, [[Jeff Beck Group]] publicou o seu primeiro álbum, ''[[Truth]]'', que segundo a crítica musical desa época contiña "os ruídos máis derretidos, espiñados e rotundamente divertidos de tódolos tempos".<ref>Gene Santoro, citado en {{Cita libro|apelidos=Carson|nome=Annette|ano=2001|título=Jeff Beck: Crazy Fingers|editorial=Backbeat Books|ISBN=0-87930-632-7|páxina=86}}</ref> En outubro, [[The Beatles]] publicou o seu ''[[The Beatles (álbum)|White Album]]'' coa canción "[[Helter Skelter]]", que se converteu nun dos temas de son máis duro publicado por un grupo tan famoso naquel entón.<ref>{{Cita libro|apelidos=Blake|nome=Andrew|ano=1997|título=The Land Without Music: Music, Culture and Society in Twentieth-century Britain|editorial=Manchester University Press|ISBN=0-7190-4299-2|páxina=143}}</ref> A [[ópera rock]] ''[[S.F. Sorrow]]'' do grupo [[The Pretty Things]], publicada en decembro dese ano, incluíu o que se consideran cancións "proto heavy metal" como "Old Man Going" e "I See You".<ref>{{cita novas|apelidos=Strauss|nome=Neil |título=The Pop Life: The First Rock Opera (No, Not 'Tommy') |xornal=New York Times |data=3 de setembro de 1998|url=http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9F05E0D6133FF930A3575AC0A96E958260 |data-acceso=26 de xuño de 2008|subscrición=yes}}</ref><ref>{{Cita web|apelidos=Mason|nome=Stewart|url={{Allmusic|class=song|id=i-see-you-mt0027360249|pure_url=yes}}|título=I See You: Review|páxina-web=Allmusic|data-acceso=17 de outubro de 2012}}</ref>
 
Neste período [[contracultura]]l tamén destacou o grupo [[MC5]], nos seus comezos parte da escena do [[garage rock]] de [[Detroit]], que desenvolveron un estilo distorsionado visto como unha grangrande influencia no posterior son do heavy metal e a posterior [[música punk]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Bukszpan|nome=D|ano=2003|título=The Encyclopedia of Heavy Metal|editorial=Barnes & Noble|ISBN=0-7607-4218-9|páxina=141}}</ref><ref>{{Cita libro|apelidos1=Braunstein|nome1=P|apelidos2=Doyle|nome2=M. W.|título=Imagine Nation: the American Counterculture of the 1960s and '70s|lugar=Londres|editorial=Routledge|ano=2002|ISBN=0-415-93040-5|páxina=133}}</ref> [[The Stooges]] tamén comezou a establecerse como unha influencia para estes sons, con temas como "[[I Wanna Be Your Dog]]" que incluíron fortes ''riffs'' de guitarra distorsionados.<ref>{{cita libro |apelidos=Trynka|nome=Paul |título=Iggy Pop: open up and bleed |editorial=Broadway Books |lugar=Nova York |ano=2007 |páxina=95 |isbn=0-7679-2319-7}}</ref> [[Pink Floyd]] publicou dúas das súas cancións máis pesadas e ruidosas ata aquela data, "[[Ibiza Bar]]" e "[[The Nile Song]]", esta última considerada como unha das cancións máis duras gravadas por este grupo.<ref>{{Cita web|apelidos=Kellman|nome=Andy|url={{Allmusic|class=album|id=relics-mw0000309068|pure_url=yes}}|título=Relics, Pink Floyd: Review|páxina-web=Allmusic|data-acceso=17 de outubro de 2012}}</ref><ref>{{Cita libro|nome=J.|apelidos=DeRogatis|título=Turn On Your Mind: Four Decades of Great Psychedelic Rock|lugar=Michigan|editorial=Hal Leonard|ano=2003|ISBN=0-634-05548-8|páxina=132}}</ref> O [[In the Court of the Crimson King|álbum de estrea]] de [[King Crimson]] incluíu o tema [[21st Century Schizoid Man]], considerado dentro do heavy metal por varios críticos.<ref>{{Cita novas|apelidos=Fricke|nome=David|url-arquivo=http://web.archive.org/web/20090425074919/http://www.rollingstone.com/artists/kingcrimson/albums/album/268735/review/5942988/the_power_to_believe|data-arquivo=25 de abril de 2009|título=King Crimson: The Power To Believe : Music Reviews : Rolling Stone|url=http://www.rollingstone.com/artists/kingcrimson/albums/album/268735/review/5942988/the_power_to_believe|revista=Rolling Stone}}</ref><ref>{{Harvnb|Buckley|2003|p=477}}</ref>
 
En xaneiro de 1969 o álbum de estrea [[Led Zeppelin (álbum)|homónimo]] de Led Zeppelin foi publicado acadando a posición número 10 na lista ''[[Billboard]]''. En xullo dese ano, Led Zeppelin e [[Grand Funk Railroad]] tocaron no ''Atlanta International Pop Festival'', e ese mesmo mes [[Leslie West]] publicou o álbum ''[[Mountain]]'', con pesados sons de guitarra de blues rock e vivas voces. Xa baixo o nome de [[Mountain (grupo musical)|Mountain]] tocaría en agosto dese ano durante unha hora no [[Festival de Música e Artes de Woodstock|festival de Woodstock]]. O álbum de estrea oficial do grupo ''[[Mountain Climbing]]'' de (1970), malia ser considerado inicialmente dentro do xénero [[hard rock]], acadou a posición número 85 da lista ''"Top 100 Metal Albums"'' compilada por ''[[Hit Parader]]'' en 1989, na que tamén apareceu o álbum de 1971 ''Survival'' do grupo Grand Funk Railroad, na posición número 72. Na mesma época, en novembro de 1970, [[Love Sculpture]] publicou o álbum ''Forms and Feelings'', que incluíu unha forte e agresiva versión da "[[Danza do Sabre]]" de [[Aram Khachaturian]].<ref>{{Harvnb|Walser|1993|p=174}}</ref>
Liña 143:
[[Led Zeppelin]] definiu os aspectos centrais do xénero emerxente, co estilo de guitarra altamente distorsionado de [[Jimmy Page]] e as voces dramáticas do cantante [[Robert Plant]].<ref>{{Harvnb|Charlton|2003|p=239}}</ref><ref>{{cita novas|título=Whole Lotta Love |revista=Rolling Stone |ano=2003 |url=http://www.rollingstone.com/news/story/6595920/whole_lotta_love |data-acceso=3 de abril de 2007 |url-arquivo=http://web.archive.org/web/20071014175923/http://www.rollingstone.com/news/story/6595920/whole_lotta_love |data-arquivo=14 de outubro de 2007}}</ref> Outros grupos xa cun son consistentemente máis pesado probarían ser igual de importantes na codificación do xénero. As publicacións en 1970 dos álbums ''[[Black Sabbath (álbum)|Black Sabbath]]'' e ''[[Paranoid]]'' por parte de [[black Sabbath]], e a de ''[[In Rock]]'' por parte de [[Deep Purple]] resultaron ser cruciais neste senso.<ref name="Walser10"/>
 
Black Sabbath desenvolveu un son particularmente pesado debido en parte a un accidente sufrido polo guitarrista [[Tony Iommi]] antes da fundación do grupo. Incapaz de tocar con normalidade, Iommi tivo que axustar a súa guitarra para que lle fose máis doado tocala e baseouse en ''[[power chord]]s'' pola súa relativa simplicidade en canto á posición requirida dos dedos.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=di Perna|nome=Alan|título=The History of Hard Rock: The 70's|revista=Guitar World|data=marzo de 2001}}</ref> Deep Purple presentaba flutuacións entre estilos nos seus primeiros anos, pero en 1969 o vocalista [[Ian Gillan]] e o guitarrista [[Ritchie Blackmore]] lideraron ao grupo cara un estilo máis próximo ao heavy metal.<ref>{{Harvnb|Charlton|2003|p=241}}</ref> En 1970 Black Sabbath e Deep Purple acadaron éxitos nas listas do Reino Unido con "[[Paranoid]]" e "[[Black Night]]" respectivamente.<ref name="RnR Hall of Fame">{{cita web |url=http://www.rockhall.com/inductees/black-sabbath|título=Black Sabbath|editorial=[[Rock and Roll Hall of Fame]]|data-acceso=8 de marzo de 2010}}</ref><ref>{{Harvnb|Buckley|2003|p=232}}</ref> Ese mesmo ano outras dúas bandas británicas publicaron álbums de estrea con tinturas de heavy metal: [[Uriah Heep]] con ''[[Very 'Eavy... Very 'Umble]]'' e [[UFO (grupo musical)|UFO]] con ''[[Unidentified Flying Object (álbum)|UFO 1]]''. [[Bloodrock]] publicou o seu [[Bloodrock (álbum)|álbum de estrea homónimo]], cunha colección de pesados ''riffs'' de guitarra, voces roucas e letras macabras,<ref>{{Cita web|apelidos=Guarisco|nome=Donald A.|url={{Allmusic|class=album|id=bloodrock-mw0000176093|pure_url=yes}}|título=Bloodrock: ''Bloodrock'' > Review|páxina-web=[[AllMusic]]|data-acceso=5 de febreiro de 2012}}</ref> e [[Budgie]] adaptou os novos sons no contexto dos tríos musicais.<ref>{{cita web |apelidos=Henderson|nome=Alex|título=Budgie (review)|editorial=Allmusic |url={{Allmusic|class=album|id=budgie-mw0000208307|pure_url=yes}} |data-acceso=15 de setembro de 2009}}</ref> As temáticas líricas de corte [[ocultismo|ocultista]] e a imaxinería empregada por Black Sabbath e Uriah Heep probaron ser de grangrande influencia na estética asociada ao xénero, con Led Zeppelin contribuíndo a poñer en primeiro plano este tipo de elementos co seu álbum [[Led Zeppelin IV]], publicado en 1971.<ref>{{Cita libro|apelidos=Fast|nome=Susan|ano=2001|título=In the Houses of the Holy: Led Zeppelin and the Power of Rock Music|editorial=Oxford University Press|ISBN=0-19-511756-5|páxinas=70–71}}</ref> En [[Alemaña]], o grupo [[Scorpions]] estreouse có álbum ''[[Lonesome Crow]]'' en 1972. Nese mesmo ano [[Ritchie Blackmore]] destacou cos seus solos de guitarra no álbum de Deep Purple ''[[Machine Head (álbum)|Machine Head]]'', e posteriormente en 1975 deixaría o grupo para formar [[Rainbow]].<ref name="Walser10"/> Ao outro lado do [[Océano Atlántico|Atlántico]], o grupo que marcou a tendencia foi [[Grand Funk Railroad]], descrito como o "grupo americano de heavy metal con máis éxito comercial dende 1970 ata a súa separación en 1976, establecendo a fórmula do éxito nos anos setenta: as xiras continuas".<ref>{{Harvnb|Pareles|Romanowski|1983|p=225}}</ref> Outros grupos identificados co heavy metal emerxeron nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], como [[Blue Öyster Cult]] ([[Blue Öyster Cult (álbum)|1972]]), [[Aerosmith]] ([[Aerosmith (álbum)|1973]]) e [[Kiss]] ([[Kiss (álbum)|1974]]). Todos estes grupos chegaron a unha audiencia cada vez maior grazas a xiras continuas e actuacións en directo cada vez máis elaboradas.<ref name="Walser10"/>
Posteriormente comezaron a darse as argumentacións de se estes grupos e outras bandas da época poden cualificarse verdadeiramente dentro do heavy metal os se en realidade pertencen ao [[hard rock]], e os grupos máis próximos ás raíces no [[blues]] ou con maior énfase na melodía adoitan ser adscritos a este último grupo. [[AC/DC]] e o seu álbum de estrea ''[[High Voltage]]'' de 1975 é un exemplo disto. A enciclopedia de ''[[Rolling Stone]]'' do ano 1983 cualificounos como "O grupo australiano de heavy-metal AC/DC",<ref>{{Harvnb|Pareles|Romanowski|1983|p=1}}</ref> mentres que outros historiadores posteriores consideran que é unha cualificación inapropiada, argumentando que o grupo encádrase dentro da [[música rock]].<ref>{{cita libro|título=Highway to Hell: The Life and Times of AC/DC Legend Bon Scott |ano=2001 |isbn=1-891241-13-3 |apelidos=Walker|nome=Clinton|páxina=297}}</ref> No caso concreto de AC/DC, as diferentes opinións na definición do xénero engádense tamén á distinción persistente entre o estilo musical e a identificación da súa grangrande audiencia, con números máis habituais da música rock que do heavy metal.<ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=54}}</ref>
 
En certos casos existe menos controversia, e tras Black Sabbath o seguinte exemplo principal foi o grupo británico [[Judas Priest]], que se estreou co álbum ''[[Rocka Rolla]]'' en 1974. O autor Ian Christe escribiu "Judas Priest chegou para unificar e amplificar as diversas partes destacadas da paleta sonora do rock. Por primeira vez, o heavy metal converteuse nun verdadeiro xénero en si mesmo""<ref>{{Harvnb|Christe|2003|pp=19–20}}</ref> Malia que Judas Priest non chegou a ter un álbum entre os primeiros 40 postos das listas nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ata 1980, para moitos historiadores foi o grupo definitivo de heavy metal tras Black Sabbath. O seu uso das guitarras, con [[tempo (música)|tempos]] rápidos e sons máis metálicos e menos relacionados co [[blues]] sería unha das maiores influencias nos grupos posteriores.<ref name="Walser 1993, p. 6"/> Ao mesmo tempo que o heavy metal comezaba a gañar popularidade apareceron as críticas ao xénero. As obxeccións máis habituais destes críticos déronse pola adopción por parte do xénero do espectáculo visual e artificios,<ref name=gnwtey>{{Harvnb|Walser|1993|p=11}}</ref> mais o que percibiron como a principal ofensa foi unha suposta vacuidade na propia música e líricas empregadas por estes grupos.<ref>{{Cita libro|apelidos=Christgau|nome=Robert|ano=1981|título=Master of Reality (1971) [review]|obra=Christgau's Record Guide|editorial=Ticknor & Fields|ISBN=0-89919-026-X|páxina=49}}</ref>