Lois I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
== Matrimonio ==
[[Ficheiro:Luisa Isabel de Orleans.jpg|miniatura|esquerda|[[Luísa Isabel de Orleáns]] ([[Jean Ranc|Ranc]], [[1724]]).]]
Luís I casou con [[Luísa Isabel de Orleáns]], filla de [[Filipe III de Orleáns|Filipe de Orleáns]] e [[Francesca Maria de Blois]]. A cerimonia tivo lugar o [[20 de xaneiro]] de [[1722]] en [[Lerma, Burgos|Lerma]] ([[provincia de Burgos|Burgos]]). Non tiveron descendencia.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p = 46}}
 
O seu matrimonio foi o resultado dunha das estrataxemas políticas da súa madrastra [[Isabel de Farnesio]], que tiña como obxectivo converter aos seus fillos naturais en reis. Luís converteuse nunha moeda de cambio ofrecida a Filipe de Orleáns, que era o rexente de [[Reino de Francia|Francia]]. O obxectivo era casar nun futuro a [[Luís XV de Francia|Luís XV]], por aquel entón menor de idade, coa infanta [[María Ana Vitoria de España|María Ana Vitoria]], filla de Isabel e Filipe V.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p = 44}}{{sfn|González Cremona|1998|p = 36}}
 
A esposa de Luís tiña unha conduta lixeira, a causa do ambiente no cal crecera. Luísa Isabel foi unha fonte inesgotable de problemas para o monarca, quen chegou a cansarse dela, aínda que se afirma que Luís a quería de verdade.{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} Durante o breve matrimonio, foi protagonista dunha serie de accións que escandalizaron á corte española e, ademais, amargou o que lle quedaba de vida ao seu esposo. Bebía en exceso, acostumaba a vestir máis lixeiramente do que estaba estipulado para unha conduta decente na época{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} e foi descuberta en diversas ocasións con algunha das súas camareiras, todas espidas, nas súas habitacións.{{sfn|González Cremona|1998|p = 43}} Estes escándalos foron utilizados polo embaixador francés en [[Madrid]] para intentar convencer a Filipe V e Isabel de Farnesio da anulación do matrimonio. A razón última era que Luísa Isabel pertencía á [[Casa de Orleáns]] que por aquel entón era inimiga dos [[Casa de Borbón|Borbóns]], reinante en Francia. Por outra banda, Luísa Isabel tampouco era do gusto de Filipe V e Isabel que chegaron a pensar seriamente na anulación do matrimonio do seu fillo.{{sfn|González Cremona|1998|p = 48}}
 
Esta anulación non chegaría nunca e os escándalos da nova raíña foron tan soados que, ata, acabou recluída no [[Real Alcázar de Madrid|alcázar real]] obrigada polo seu marido, baixo a vixilancia da camareira maior, a condesa de Altamira.{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} Estímase que a raíña estivo pechada entre unha e dúas semanas, pero non se sabe porqué Luís decidiu liberala finalmente, aínda que é posible que fose debido ás peticións de Luísa Isabel, o débil carácter do rei e a presión das chancelerías europeas.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=73}} Finalmente, Luís perdoouna. A reconciliación matrimonial chegou pouco antes de que Luís enfermara de [[varíola]]. Durante o período de enfermidade e ata a súa morte, a raíña asistiuno asiduamente, feito que provocou que Luísa Isabel se contaxiase, aínda que ela conseguiu sobrevivir á enfermidade.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p = 45}}
 
== Abdicación de Filipe V ==
O [[10 de xaneiro]] de [[1724]] en [[A Granxa de San Ildefonso]], Filipe V asinou un decreto en virtude do cal abdicaba a coroa en favor do príncipe de Asturias, Luís. As outras cláusulas do decreto estipulaban que, en defecto de Luís, a coroa tiña que pasar ao irmán deste, [[Fernando VI de España|Fernando]], ou ben en defecto deste, aos medio irmáns nados do matrimonio con [[Isabel de Farnesio]].{{sfn|Martín|1998|p=1676}} Pola outra banda, Filipe e a súa esposa reservábanse o palacio e o real lugar de San Ildefonso para o seu retiro, durante o cal recibirían periodicamente unha renda para vivir e para continuar as obras do lugar. Luís converteuse en [[rei de España]] con dezasete anos, e aceptou gustosamente a renuncia do seu pai.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p = 45}}
 
Segundo o decreto de renuncia, o motivo principal para deixar a coroa era conseguir a salvación da alma de Filipe e curar o mal que o afectaba fisicamente. «Para servir a Deus e, desembarazado destes coidados, pensar na morte e solicitar a miña saúde», expoñía o decreto. Estas razóns foron postas en dúbida discutidas entre os historiadores. A explicación que xera máis consenso é a que afirma que Filipe V esperaba a morte prematura de [[Luís XV de Francia]], de precaria saúde, e así poder optar á coroa francesa.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p = 45}} Deste xeito, o movemento político xurdiría posiblemente da raíña, que logo da morte do rexente de Francia, deixara de banda a oposición de Filipe V de herdar a coroa francesa, e empuxaría ao seu marido a abdicar en Luís. Unha abdicación que, ademais, non se realizou segundo se estipulaba oficialmente, a través da reunión das [[Cortes de Castela|Cortes]].{{sfn|Martín|1998|p = 1676}}
 
== Reinado ==
[[Ficheiro:Luis I of Spain in 1724 by Melendez.jpg|miniatura|180px|Luís I, de [[Miguel Jacinto Meléndez|Meléndez]] (1724)]]
[[Ficheiro:Isabel de Farnesio, 1727, Miguel Meléndez.jpg|miniatura|180px|[[Isabel de Farnesio]] ([[Miguel Jacinto Meléndez|Meléndez]], 1715) foi a grande interesada en influír no goberno, obrigando ao seu esposo a manter controlado a Luís.]]
A proclamación de Luís I de España, o [[15 de xaneiro]] de [[1724]], tivo unha grande acollida e entusiasmo entre a poboación, sobre todo a da capital, porque era o primeiro Borbón nado na vila. Por tal de suplir a inexperiencia do novo monarca constituíuse un consello asesor composto por varias personalidades, entre as cales atopábase o [[Luis de Mirabal y Espínola|marqués de Mirabal]], [[presidente do Consello de Castela]]; [[Diego de Astorga y Céspedes]], [[arcebispo de Toledo]]; [[Juan de Camargo y Angulo|Juan de Camargo]], [[inquisidor xeral]] e o bispo de Pamplona; e, finalmente, había outros nobres e funcionarios con cargos aos despachos de goberno: o marqueses de [[Baltasar de Zúñiga y Guzmán|Valero]], de [[Guillermo Ramón de Montcada y de Portocarrero-Meneses (sexto marqués de Aitona)|Aitona]], de [[Juan Francisco de Bette y Croix|Lede]] e o [[Manuel de Benavides e Aragón|conde de Santisteban do Porto]], finalmente [[Miguel Francisco Guerra]] e o secretario do despacho universal, [[Juan Bautista de Orendain y Azpilcueta|Juan Bautista de Orendain]].{{sfn|Martín|1998|p=1676}}{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}}
 
O novo rei ocupou o trono uns sete meses, durante os cales o monarca viviu bastante despreocupado dos asuntos de Estado. En realidade foron [[Filipe V]] e [[Isabel de Farnesio]] os que continuaron gobernando desde o seu retiro na Granxa de San Ildefonso. Probablemente Filipe realmente buscaba un retiro tranquilo lonxe das cuestións de goberno, e quen realmente gobernaba era a raíña.{{sfn|Martín|1998|p=1676}} Para acabar de agravar esta situación de dependencia, o mesmo Luís, moi submiso ao seu pai, consultaba todo o que podía con Filipe a través do [[José de Grimaldo y Gutiérrez de Solórzano|marqués de Grimaldo]], o que provocou que houbese dous cortes e dous gobernos paralelos o Madrid e o de San Ildefonso. Algúns nobres e altos funcionarios próximos ao novo monarca, vendo os nulos efectos prácticos que había ter a abdicación, decidiron intentar desligar a Luís da tutela paterna e levar a cabo a creación dun partido contrario a Isabel de Farnesio.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}}
 
=== Política interior ===
En materia económica, a situación da monarquía era mala desde facía anos debido aos gastos militares que autorizara Julio Alberoni, primeiro ministro de Filipe V.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} Co ascenso de Luís apareceron novos nobres e funcionarios no goberno que eran contrarios a [[Isabel de Farnesio]]. Os novos ministros intentaron que o rei decretara unha redución de gastos e mellorase a xestión de certas institucións. Un exemplo é [[Fernando Verdes Montenegro y Castro|Fernando Verdes Montenegro]], secretario do despacho de Facenda, que intentou modificar o funcionamento da Tesourería Maior, que fora unha das innovacións da [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], e dedicábase a controlar as caixas do tesouro do exército a provincias. Verdes intentou situar o tesoureiro maior baixo o control de Facenda porque ata entón fora controlado desde varias secretarías. O proxecto viuse truncado, primeiramente pola oposición do tesoureiro maior co apoio doutros secretarios e, finalmente, pola morte de Luís e o retorno de Filipe V, quen destituíu a Verdes.{{sfn|Dubet|2012|p=12}}{{sfn|Dubet|2012|p=13}}
 
Outra medida que se intentou levar a cabo foi a redución das excesivas asignación designadas aos ex-reis e aos nenos reais, especialmente as dos fillos de Isabel de Farnesio.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} Esta proposta saíu sobre todo dos marqueses de [[Luis de Mirabal y Espínola|Mirabal]] e de [[Juan Francisco de Bette y Croix|Lede]], facendo ver ao monarca que estas asignacións provocaban a pobreza do erario real. Luís I estivo a piques de decretar a medida para reducir estes gastos á metade, pero o seu pai, movido pola súa esposa, envioulle queixas ao seu fillo e manipulouno para que acusase aos instigadores daquela medida aforradora de inxurias contra el e a súa familia.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}} As queixas de Filipe V pararon as pretensións dos conselleiros que, máis tarde, serían tratados con dureza durante o segundo reinado de Filipe V.{{sfn|Martín|1998|p=1679}}
 
En termos xerais, durante o curto período de reinado a corte volveu á antiga etiqueta e cerimonial de [[Carlos II de España|Carlos II]],{{sfn|Luzzi Traficante|2013|p=313}} algo que tamén se observa na forma de goberno e de nomeamento de cargos, que se volven a confiar á [[nobreza]] con [[Grandeza de España]], ao estilo dos [[Casa de Habsburgo|Habsburgo]]. En cambio, Filipe V no seu reinado iniciara unha política propia de nomear militares de carreira a vicerreinados e escuadras militares.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} As vellas formas son vistas negativamente, principalmente polo embaixador francés [[René de Froulay de Tessé]]:
Liña 70:
=== Política exterior ===
[[Ficheiro:Ranc - María Ana Victoria de Borbón.jpg|miniatura|140px|A [[María Ana Victoria de España|medio-irmá de Luís]] representaba un problema para o rexente francés na sucesión ao trono pola súa curta idade.]]
Igual que na política interior, a política internacional de Luís I estivo moi condicionada pola acción do seu pai e, sobre todo, da súa madrastra. Presionado por Filipe V, Luís expediu [[carta patente|cartas patentes]] para dar apoio á sucesión do seu medio irmán [[Carlos III de España|Carlos]] aos [[Grandes Ducados de Toscana|ducados de Toscana]] e de [[ducado de Parma|Parma]] e intentou enviar ao neno a Italia a tomar posesión do cargo. As investiduras levadas a cabo foron favorables a Carlos, pero o [[Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador xermánico]] puxo a condición que o neno só podía viaxar a Italia con soldados suízos, temendo a presenza de soldados españois na península italiana.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} A persistencia do emperador ao esixir vasalaxe para recibir os ducados e as actuacións do gran duque [[Cosme III de Toscana]], que mantivera á súa irmá [[Ana María Luísa de Médici|Ana María]], viúva do [[Xoán Guillerme i, elector palatino|elector do Palatinado]], como herdeira dos ducados, fixo concluír sen solución, en vida de Luís, este litixio, enmarcado no [[Congreso de Cambrai]], que quedou nun punto morto.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}}
 
As tensións con Francia non van amainar. O duque de Borbón e príncipe de Condé, [[Luís IV Henrique de Borbón-Condé|Luís Henrique]], desde a morte do rexente Filipe de Orleáns buscou desesperadamente que [[Luís XV de Francia]] tivese descendencia rápidamente. O motivo é que coñecía que a precaria saúde podíalle causar a morte en calquera momento, e este feito significaría o acceso ao trono de Francia dos membros da dinastía de Orleáns, inimigos dos Borbóns. O seu proxecto topou coa nena María Ana Vitoria, filla de Filipe V e Isabel de Farnesio, que naquel momento vivía na corte francesa en virtude dos pactos matrimoniais, polos cales a nena tiña que casar con Luís XV. A nena era aínda demasiado pequena para casar e consumar o matrimonio. Por esta razón, o duque de Borbón decidiu, finalmente, enviar o [[René de Froulay de Tessé|mariscal Tessé]] para persuadir a Luís I e sobre todo aos seus pais para conseguir que a infanta volvese a Madrid.{{sfn|Martín|1998|p=1679}}
 
== Morte ==
Luís contraeu a [[varíola]] no mes de xullo de 1724.{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=45}} O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha [[pulmonía]]. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do [[31 de agosto]] de [[1724]], no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos,{{sfn|Martín|1998|p=1680}} coa súa [[Luísa Isabel de Orleáns|esposa]] como única compañía, xa que os seus pais, temerosos da enfermidade, marcharan a A Granxa de San Ildefonso.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=74}} O [[4 de setembro]] foi levado ao [[Mosteiro de El Escorial|Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial]]{{sfn|Quevedo|1849|p=364}} e enterrado no panteón real, mentres que a súa esposa tivo que volver a Francia.{{sfn|Rodríguez|1790|p=232}} Ao día seguinte de morrer, estendeuse por Madrid o rumor que fora envelenado, un home de confianza de Filipe V como [[Melchor de Macanaz]] considerou certos estes rumores; insistía que Luís fora afectado pola varíola, pero que os tratamentos dos médicos axudárono a mellorar, serían o denominado «clan dos parmesanos», instigado por [[Isabel de Farnesio]], os que, a través do doutor José Cervi, forneceron o veleno ao monarca.{{sfn|Vidal Sales|1994|p=75}}
 
A morte do rei provocou dúbidas sobre si Filipe V tiña que manter a abdicación e deixar o trono ao infante [[Fernando VI de España|Fernando]], segundo ditaba o seu propio decreto, ou ben volvelo a ocupar el.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} A versión tradicional é que o antigo rei negábase en rotundo a ocupalo de novo por herdanza do seu fillo debido aos seus escrúpulos relixiosos. [[Isabel de Farnesio]] e o [[René de Froulay de Tessé|embaixador francés]], preocupados pola deriva que tomaría o país se subía ao trono o [[Fernando VI de España|infante Fernando]], por tal de obter o si de Filipe constituíron unha xunta de teólogos que proclamou a nulidade dos votos de renuncia e o confesor, o pai Bermúdez, negouse a absolvelo se este non se ocupaba do goberno do seu pobo, Filipe aceptou e volveu co apoio do [[Consello de Castela]]. Porén, a banda desta versión, existe outra máis moderna, que di que foi por vontade de Filipe a recuperación do trono, facendo asinar ao seu fillo un documento neste sentido, e que despois esperou a opinión do [[Consello de Castela]] e a xunta de teólogos, que se pronunciaron de xeito ambiguo, facendo que Filipe buscase outras opinións máis favorables e, finalmente, establecendo por decreto o seu retorno ao trono. O que é certo, é que ao retorno ao trono, Filipe purgou aos homes de goberno de Luís, que intentaran desligar ao rei da influencia paterna, e tamén a aqueles que deron apoio á subida ao trono de Fernando VI.{{sfn|Martín|1998|p=1682}}{{sfn|PericotUlloa GarcíaCisneros|Camps Cazorla|1983|p=66}}
 
A guisa de curiosidade, o mesmo ano da morte do rei, o escritor [[Diego de Torres Villarroel]], interesado na [[astroloxía]], predixera a morte nun dos seus calendarios, que tiveron varios problemas para ser publicados. Porén, obviamente, considérase que esta predición debía de ser unha das outras moitas que vaticinou o 1724 e que eran sempre de carácter trivial.{{sfn|Martínez Mata|1990|p=842}}