Lois I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 28:
Foi o primeiro membro da [[Casa de Borbón]] nado en terras castelás, o que fixo que os casteláns lle demostrasen unha esperanza cega e lle amosasen sempre unha gran simpatía. O seu nacemento, en plena [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], serviu a Filipe V como método de propaganda, e, por isto, a mesma raíña mostraba orgullosa o bebé, exclamando diante do pobo: «Este é Luisiño, o voso paisano!».{{sfn|González Cremona|1998|p=35}} O [[7 de abril]] de [[1709]], cando contaba con tan só dous anos, Filipe V convocou as cortes a fin de que xurasen a Luís como [[Príncipe de Asturias]] e sucesor da coroa.{{sfn|Pérez de Guzmán y Gallo|1880|p=271}}
 
A súa nai, María Luísa de Savoia, morreu cando Luís tiña sete anos, un feito que lle comportou a el e aos seus irmáns unha serie de carencias emocionais. Por tal de suplir a figura materna, decidiu ter cura dos seus irmáns e facerse responsable, sobre todo a partir do casamento do seu pai con [[Isabel de Farnesio]]. Logo da tutela de [[Marie-Anne de la Trémoille]], princesa dos Ursins, a chegada da súa madrastra, malia que nunca tratou mal os fillos do primeiro matrimonio de Filipe V, non deu continuidade ao ambiente familiar e deixou ao herdeiro en mans de [[Julio Alberoni]].{{sfn|González Cremona|1998|p=35}}{{sfn|Vidal SalasSales|1994|p=59}} Desde entón Luís foi instruído polo xesuíta Ignacio de Labrussel, pero non tivo unha educación en profundidade. Luís non tiña un interese especial nas disciplinas comúns, senón que se mostraba máis interesado pola música e, especialmente, pola danza; en xeral foi amante das artes.{{sfn|González Cremona|1998|p=36}}
 
Con trece anos, Luís combinaba a vida de palacio con actividades mundanas. Afeccionouse ao roubo en hortos próximos ao Palacio do Bo Retiro e saía a altas horas da noite con xente de mala reputación.{{sfn|González Cremona|1998|p=38}} Saía cos seus criados a buscar mulleres polas rúas de Madrid; herdando así o carácter sensual do seu pai, case sempre ía acompañado do servente Lacotte.{{sfn|Vidal SalasSales|1994|p=61}} Este costume mantívoo ata logo de casar, por tal de afastarse da súa muller. Isto fíxoo inmensamente coñecido polo pobo madrileño, que o vía constantemente polas rúas.{{sfn|González Cremona|1998|p=41}} Pola vila circulaba un comentario:
 
{{cita|''Fogoso como su madre, lascivo como su padre, caliente como su madrastra y masturbador como su pederasta.''|col2=Fogoso como a súa nai, lascivo como o seu pai, quente como a súa madrastra e masturbador como o seu pederasta.|Anónimo, ''Anales del reinado de Felipe V'', Madrid, 1875. Extracto de Vidal Sales, 1994{{sfn|Vidal Sales|1994|p=62}}}}
Liña 42:
A esposa de Luís tiña unha conduta lixeira, a causa do ambiente no cal crecera. Luísa Isabel foi unha fonte inesgotable de problemas para o monarca, quen chegou a cansarse dela, aínda que se afirma que Luís a quería de verdade.{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} Durante o breve matrimonio, foi protagonista dunha serie de accións que escandalizaron á corte española e, ademais, amargou o que lle quedaba de vida ao seu esposo. Bebía en exceso, acostumaba a vestir máis lixeiramente do que estaba estipulado para unha conduta decente na época{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} e foi descuberta en diversas ocasións con algunha das súas camareiras, todas espidas, nas súas habitacións.{{sfn|González Cremona|1998|p = 43}} Estes escándalos foron utilizados polo embaixador francés en [[Madrid]] para intentar convencer a Filipe V e Isabel de Farnesio da anulación do matrimonio. A razón última era que Luísa Isabel pertencía á [[Casa de Orleáns]] que por aquel entón era inimiga dos [[Casa de Borbón|Borbóns]], reinante en Francia. Por outra banda, Luísa Isabel tampouco era do gusto de Filipe V e Isabel que chegaron a pensar seriamente na anulación do matrimonio do seu fillo.{{sfn|González Cremona|1998|p = 48}}
 
Esta anulación non chegaría nunca e os escándalos da nova raíña foron tan soados que, ata, acabou recluída no [[Real Alcázar de Madrid|alcázar real]] obrigada polo seu marido, baixo a vixilancia da camareira maior, a condesa de Altamira.{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} Estímase que a raíña estivo pechada entre unha e dúas semanas, pero non se sabe porqué Luís decidiu liberala finalmente, aínda que é posible que fose debido ás peticións de Luísa Isabel, o débil carácter do rei e a presión das chancelerías europeas.{{sfn|Vidal SalasSales|1994|p=73}} Finalmente, Luís perdoouna. A reconciliación matrimonial chegou pouco antes de que Luís enfermara de [[varíola]]. Durante o período de enfermidade e ata a súa morte, a raíña asistiuno asiduamente, feito que provocou que Luísa Isabel se contaxiase, aínda que ela conseguiu sobrevivir á enfermidade.{{sfn|Pericot García|1983|p = 45}}
 
== Abdicación de Filipe V ==
Liña 75:
 
== Morte ==
Luís contraeu a [[varíola]] no mes de xullo de 1724.{{sfn|Pericot García|1983|p=45}} O monarca non se ocupou ben da súa enfermidade, que acabou complicándose cunha [[pulmonía]]. Morreu ao cabo de poucas semanas, a madrugada do [[31 de agosto]] de [[1724]], no Palacio do Bo Retiro, poucos días despois de cumprir dezasete anos,{{sfn|Martín|1998|p=1680}} coa súa [[Luísa Isabel de Orleáns|esposa]] como única compañía, xa que os seus pais, temerosos da enfermidade, marcharan a A Granxa de San Ildefonso.{{sfn|Vidal SalasSales|1994|p=74}} O [[4 de setembro]] foi levado ao [[Mosteiro de El Escorial|Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial]]{{sfn|Quevedo|1849|p=364}} e enterrado no panteón real, mentres que a súa esposa tivo que volver a Francia.{{sfn|Rodríguez|1790|p=232}} Ao día seguinte de morrer, estendeuse por Madrid o rumor que fora envelenado, un home de confianza de Filipe V como [[Melchor de Macanaz]] considerou certos estes rumores; insistía que Luís fora afectado pola varíola, pero que os tratamentos dos médicos axudárono a mellorar, serían o denominado «clan dos parmesanos», instigado por [[Isabel de Farnesio]], os que, a través do doutor José Cervi, forneceron o veleno ao monarca.{{sfn|Vidal SalasSales|1994|p=75}}
 
A morte do rei provocou dúbidas sobre si Filipe V tiña que manter a abdicación e deixar o trono ao infante [[Fernando VI de España|Fernando]], segundo ditaba o seu propio decreto, ou ben volvelo a ocupar el.{{sfn|Martín|1998|p=1679}} A versión tradicional é que o antigo rei negábase en rotundo a ocupalo de novo por herdanza do seu fillo debido aos seus escrúpulos relixiosos. [[Isabel de Farnesio]] e o [[René de Froulay de Tessé|embaixador francés]], preocupados pola deriva que tomaría o país se subía ao trono o [[Fernando VI de España|infante Fernando]], por tal de obter o si de Filipe constituíron unha xunta de teólogos que proclamou a nulidade dos votos de renuncia e o confesor, o pai Bermúdez, negouse a absolvelo se este non se ocupaba do goberno do seu pobo, Filipe aceptou e volveu co apoio do [[Consello de Castela]]. Porén, a banda desta versión, existe outra máis moderna, que di que foi por vontade de Filipe a recuperación do trono, facendo asinar ao seu fillo un documento neste sentido, e que despois esperou a opinión do [[Consello de Castela]] e a xunta de teólogos, que se pronunciaron de xeito ambiguo, facendo que Filipe buscase outras opinións máis favorables e, finalmente, establecendo por decreto o seu retorno ao trono. O que é certo, é que ao retorno ao trono, Filipe purgou aos homes de goberno de Luís, que intentaran desligar ao rei da influencia paterna, e tamén a aqueles que deron apoio á subida ao trono de Fernando VI.{{sfn|Martín|1998|p=1682}}{{sfn|Pericot García|1983|p=66}}