Coresma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 63 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q82866
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Bruegel Lent.jpg|miniatura|dereita|Representación da Coresma nunha festa de [[Entroido]].]]
A '''coresma''' (da expresión latina ''quadragesima dies'' 'día cuadraxésimo')<ref>{{Cita web|url = http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/coresma/|páxina-web = Portal das Palabras|título = Coresma|data-acceso = 6 de maio do 2016}}</ref> son os corenta días de [[tempo litúrxico]] que observan a maioría das [[cristianismo|igrexas cristiás]], antes da [[Pascua cristiá|Pascua]]. Os corenta días representan o tempo que [[Xesús]] pasou no [[deserto]], onde, segundo a [[Biblia]], resistiu a tentación de [[Satanás]]; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.
 
Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro [[domingo]], para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no [[Mércores de Cinsa]] na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o [[venres de coresma]], pero na [[Idade Media]] era común a prohibición de comer [[carne]] e [[Ovo (alimento)|ovo]]s e manter [[relación sexual|relacións sexuais]]; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.